Ribadeo, 1 de outubro, 2019. O Grupo Municipal de Ribadeo considera que o estado de abandono no que se atopa o parque de Ove “é un exemplo máis da desidia do goberno local”. Así o advirte a vicevoceira, Elena Sierra, logo de constatar que estas instalacións carecen dun mantemento axeitado, ademais de partes do mobiliario rotas e un alumeado deficitario.
Por este motivo, os populares esixen a Fernando Suárez que arranxe “de inmediato” estas instalacións, e que faga unha mellor xestión dos fondos públicos. Refírese así Elena Sierra a que o parque foi acondicionado recentemente con fondos da administración autonómica. A Xunta de Galicia achegou para este fin preto de 300.000 euros no marco do obradoiro de emprego que concedeu a este concello en 2018.
“Non entendemos como este parque pode estar así en tan pouco tempo. Non entendemos como despois de recibir os cartos da Xunta, os nacionalistas nin sequera se ocupan do seu mantemento. Para isto solicitou o alcalde o obradoiro? O único que fixo foi desperdiciar e tirar case 50 millóns das antigas pesetas. Cremos que se trata dunha cantidade o suficientemente importante como para que agora o mobiliario estea tan desfeito”, apunta Sierra.
Ademais de solicitar que se emprendan os trámites necesarios para iniciar canto antes a reparación, piden ao rexedor que “poña orde entre os seus concelleiros”, xa que o edil responsable da área que se ocupa do mantemento de zonas verdes cobra unha dedicación exclusiva, “polo que ben podería traballar para que non nos vísemos na obriga de ter que saír publicamente e criticar esta desfeita”. “Gobernar non só é cobrar, gobernar é xestionar e traballar”, conclúe a vicevoceira do PP.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



