Vilalba, 9 de outubro, 2019. A presidenta provincial, Elena Candia, os candidatos ao Senado e ao Congreso, José Manuel Barreiro e Joaquín García Díez, respectivamente; o deputado autonómico, Daniel Vega; o delegado da Xunta, José Manuel Balseiro, e o deputado provincial e voceiro do PP en Vilalba, Agustín Baamonde, mantiveron unha reunión con camioneiros afectados pola ameaza de peche de Endesa. Os populares trasladaron o seu apoio a este colectivo, comprometéndose a levar as súas peticións ao Congreso e ao Senado, co fin de que o Goberno central busque unha solución á dramática situación que está a vivir, tal e como destacou Barreiro, e que afecta a toda Galicia. Os camioneiros da zona de Vilalba que traballan para a térmica de As Pontes levan un mes mantendo un peche na casa consistorial vilalbesa.
Elena Candia dixo que ela e os demais representantes do PP estaban na reunión, entre outras cousas, para saber en que poden ser de axuda. Anunciou toda a colaboración do partido que preside na provincia para facer rectificar ao Executivo. Sinalou que a transición enerxética ten que ser ordenada e non tomar decisións alegremente a este respecto que teñen moi graves repercusións para as persoas, as familias e a propia provincia, que sempre ten problemas cando goberna o PSOE en Madrid.
Polo seu lado, Xosé Manuel Barreiro constatou que «estes son momentos especialmente delicados». Explicou que a solución ao problema de Endesa-As Pontes e Alcoa ten que producirse pola vía política e pola presión para que sexan adoptadas as medidas precisas. Sinalou que se non hai solucións haberá dramas persoais e familiares; será un drama colectivo, polas repercusións que terá na provincia.
No transcurso da xuntanza, o presidente da Asociación de Transportistas do Carbón, Manuel Bouza, sinalou que é un momento moi complicado. Destacou que é un síntoma claro do que está a ocorrer agora que cada vez se vexan menos camións nas estradas. Declarou: «Preocupádevos cando vexades pouco transporte na estrada». A este respecto, Bouza pediu aos populares que apoien as súas mobilizacións e que lles axuden a publicitar o problemas. Na reunión participaron uns 20 camioneiros.


















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



