Burela, 16 de novembro de 2019. O portal de contratos públicos de Galicia dá conta da resolución da Consellería de Sanidade pola que se adxudica á empresa Ogmios Proyecto, S.L. a obra de mellora e modernización da fachada do Hospital público da Mariña lucense, unha iniciativa na que o Goberno galego investirá 1.824.680 euros.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que os traballos consistirán fundamentalmente na igualación nas súas características das fachadas do edificio novo e do máis antigo, mediante a substitución da carpintería exterior (portas e ventás) e a mellora das envolvementos térmicas, o que reforzará a capacidade de illamento térmico e acústico.
O orzamento desta actuación exterior desenvólvese en dúas anualidades: Para o ano 2019 a Xunta reserva 350.561 euros e, en 2020, nas que se executarán obras por valor de 1,474.118 millóns de euros, ata completar os 1,8 millóns do orzamento total dispoñible.
A obra, que debe entenderse incluída na segunda fase do proxecto de ampliación e remodelación integral do hospital de Burela, contará cun prazo de execución de nove meses. A adxudicación desenvolverase de xeito paralelo coas obras interiores que neste momento a Xunta centra nos espazos máis antigos, sometidos a unha fonda reforma, incluído a transformación das habitacións dobres máis antigas en novas de uso individual.
Características das obras
As actuacións propostas da envolvente do edificio proxectáronse, (en canto á elección dos materiais) de maneira que se logre a unificación estética de todos os edificios que compoñen o Hospital da Costa.
No que respecta ás portas e ventás exteriores procederase á instalación de carpintería de aluminio sobre premarco de aluminio, con vidros Climalit Plus, formados por vidros flotados con cámara de aire. As carpinterías a colocar substitúen ás que actualmente están constituídas por dobre fiestra corredera con persiana intermedia.
As fachadas con orientación Sur disporán adicionalmente dun novidoso sistema de protección fronte á radiación solar mediante capa magnetrónica de control solar e baixa emisividade. Todo o edificio contará cun sistema de illamento térmico e acústico con tecnoloxía tipo SATE formado por paneis semirríxidos de lá de roca de 8 centímetros de espesor.
Tamén ten previsto actuarse no conxunto de cubertas inclinadas do hospital, rehabilitadas no ano 2009, e consistirá fundamentalmente na substitución do material de cuberta primitivo (pranchas de fibrocemento) por un panel sándwich de aceiro e na remodelación integral das baixantes e canlóns pluviais.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



