As Pontes, 5 de novembro de 2019.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse esta tarde nas Pontes co grupo de traballo local por unha transición xusta de Endesa para solicitar ao Goberno central unha axenda política que inclúa solucións industriais que partan da colaboración e que permita impulsar unha transición enerxética xusta e ordenada tal e como reclama a Comisión Europea, que avoga por transicións xustas, que teñan en conta as consecuencias sociais desta transformación e que analicen os posibles impactos laborais e industriais da mesma.
Esta é, segundo Conde, a única fórmula para salvagardar os postos de traballo e o tecido industrial galego a través dunha solución realista. Así, reiteraron ao Goberno a posta en marcha de medidas como a eliminación do céntimo verde, o establecemento de iniciativas que estimulen unha combustión ecolóxica coa utilización de biocombustibles, ou a adopción de estímulos para as centrais que, como As Pontes, fixeron os investimentos precisos para adaptarse á Directiva Europea de Emisións Contaminantes.
Ademais reclaman ao Goberno a posta en marcha dunha mesa técnica que aglutine aos axentes implicados e a incorporación de Galicia na Plataforma Europea das Rexións Mineiras en Transición para poder acceder aos fondos europeos en 2021 e que serviría para reindustrializar zonas que se vexan afectadas, como As Pontes ou Meirama.
Conde lamentou a situación de incerteza que viven as 750 familias vinculadas á central das Pontes, pero tamén as 1600 de Alcoa San Cibrao ou as 400 de Parter, na Coruña, que contan cunha solución provisional ata 2021. Por iso pediu alternativas e apostar por unha transición co mesmo modelo que se está aplicando con éxito noutras partes de Europa, onde están operativas actualmente máis de 100 centrais térmicas.
O conselleiro finalizou asegurando que hai que seguir reclamando desde Galicia e desde a unidade un trato xusto, a definición de solucións inmediatas, a reactivación da actividade da térmica e salvagardar os postos de traballo.

















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



