Ribadeo, 24 de novembro de 2019. Centos de persoas asistiron onte, sábado, no auditorio municipal Hernán Naval ao concerto de Santa Cilla a cargo da Banda de Música de Ribadeo, actuación na que debutaron 9 músicos que se incorporaron recentemente á formación que dirixe David Ballester Martínez. Son Antía Murias Sampedro (frauta), Uxía Urbieta López (clarinete), Lara Álvarez Lucía (clarinete), Alejandra López Veiga (clarinete), Juan Calvo-Sotelo Fernández-Catuxo (trompeta), Darío López Sanjurjo (trombón), Raúl Barcia López (tuba), Miguel Méndez Díaz (percusión) e Daniel Antolín Balea (percursión). A encargada de darlles a benvida á Banda antes de empezar o concerto foi a presidenta da asociación Amadores da Música, Elisa Álvarez Amor.
A actuación comezou coa interpretación do tema Carnival for clarinets, de John Kinyon, na que actuaron como solistas Patricia Álvarez Rey, Ramón López Ondina, Uxía Urbieta López, Mariano Carrero Moure, Lara Álvarez Lucía e Alejandra López Veiga. A continuación tocaron Chorale for trombone and band, de Ted Huggens, con Daniel Fernández Belmar como solista. As seguintes pezas do concerto foron Hallelujah, de Leonard Cohen; All by myself, de Eric Carmen e Rachmaninoff; Nothing else matters, de James Hetfield e Lars Ulrich; Barcelona, de Freddie Mercury e Mike Moran; My way, de C. François e J. Revaux; The best of Abba, de B. Anderson e B. Ulvaeus; e Game of thrones, de Ramin Djawadi. Estes últimos sete temas foron arranxados por Frank Bernaerts, ao que se dedicou este concerto da Banda ribadense.
Para rematar a actuación o director da Banda de Ribadeo deu a benvida aos novos músicos e felicitou aos que actuaron como solistas. E como bis tocaron The final countdown, interpretación que foi acompañada con palmas polo público.
O próximo concerto da Banda de Música Municipal de Ribadeo será o tradicional Aquí como en Viena, o 28 de decembro ás 21:00 horas no auditorio Hernán Naval.





















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



