Burela, 24 de novembro, 2019. O Pescados Rubén Burela FS pechou este mediodía os envites da xornada 11 de Primeira Feminina RFEF cun triunfo solvente na pista de Penya Esplugues (1-6). “Realizamos un partido moi completo; o equipo mostrouse moi serio, con boa circulación de balón, boas triangulacións e protagonismo en todas a rotacións. O único pero pode ser ese gol, no que nos gañaron as costas” valoraba Julio Delgado tras a cita, recoñecendo “recuperar as sensacións para chegar nas mellores condicións ao Clásico ante Futsi”, o vindeiro sábado en Vista Alegre (18.30 horas, Día do Club).
Ale de Paz adiantou as Guerreiras xa no minuto 2 a pase de Jane. Chegando á medianía da primeira parte, as catalás quixeron sorprender e optaron por xogo de cinco. Con todo, Peque atopou a oportunidade de ampliar a vantaxe aos poucos segundos e Dany tampouco quixo desaproveitar e subiu o terceiro nunha recuperación, con porteira xogadora local. O Esplugues puido mitigar levemente a eficacia burelista,co gol de Celia no minuto 16, gañando as costas á defensa das de Julio Delgado e Lucas.
Meteu unha marcha a escuadra galega nos metros finais tras o descanso. Peque selou o 1-4 no 23, nun rexeite de Jane. Tamén volveu ver portería Ale de Paz, no 33. Co 1-5 e a falta de 6 minutos, o Penya apostou de novo por xogo de cinco, cunha perfecta resposta en defensa das burelistas. A estelar 7 laranxa anotou o seu hattrick na recta final para reafirmar as laranxas como dominadoras e gañadoras.
Ficha técnica
AE Penya Esplugues: Ana, Celia, Roser, Arantxa, Laura, cinco inicial; tamén xogaron Álex, Berta, Pilar, Marta
Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Cilene, Peque, Jane, Ale de Paz, cinco inicial; tamén xogaron Jenny Lores, Luci, Bea Mateos, Lara Balseiro, Jenny, Dany, Jozi
Goles: 0-1, minuto 2, Ale de Paz; 0-2, minuto 10, Peque; 0-3, minuto 10, Dany; 1-3, minuto 16, Celia; 1-4, minuto 23, Peque; 1-5, minuto 32, Ale de Paz; 1-6, minuto 38, Peque
Árbitros: Alberto Centeno // Jordi Centeno. Por Burela amarela Peque (minuto 19).
Incidencias: Partido correspondente á xornada 11 de Primeira División disputado no CEM Les Moreres. solvencia en esplugues (1-6)























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
