Burela a 11 de novembro de 2019. A CIG Saúde A Mariña amosa a súa enérxica queixa perante a situación das profesionais de enfermaría da Unidade de Medicina Interna do Hospital da Mariña que traballan co programa informático “Silicon” para prescribir a medicación. O problema radica en que a implantación do devandito programa non está acompañado polas “necesarias medidas de materiais informáticos en condicións”, neste caso ordenadores portátiles para facilitar o traballo.
Na planta de Medicina Interna existen catro computadores portátiles para prescribir, administrar e rexistrar a medicación, pero tres destes dispositivos teñen o teclado estragado. A Xerencia do Hospital da Mariña deféndese dicindo que non hai diñeiro para renovar os computadores e a única solución que achegaron “foi poñer encima dos portátiles teclados normais”, explica a CIG-Saúde.
“Para evitar que se cambaleen e caian o propio persoal tivo que poñer soportes (caixas) e suxeitalos con esparadrapo. Unha situación impropia dunha sanidade pública galega do século XXI”, denuncian.
O programa “Silicon” permite evitar o papel non proceso de prescrición e administración de fármacos dentro do hospital “pero a súa implantanción ten que ir acompañado de computadoras portátiles en perfecto estado”.
A este respecto, a CIG Saúde A Mariña lembra que o SERGAS fixo público non hai moito tempo un investimento para renovar o parque de computadores e impresoras, “mais a realidade é que á precariedade laboral da enfermería no noso hospital, agora témoslle que sumar a obsolescencia informática”, sinalan.
Desde CIG Saúde A Mariña pregúntanse se estes son os máis e mellores servizos e a “alta tecnoloxía” que o Partido Popular anunciou para o Hospital da Mariña e onde están os cartos prometidos para a renovación dos equipos informáticos. A central sindical esíxelle ao SERGAS a renovación inmediata dos computadores portátiles para facilitar o traballo diario do persoal de enfermaría e facilitar así os coidados ás/aos pacientes, xa que cómpre lembrar que o programa informático “Silicon” é a única ferramenta informática para prescribir, administrar e rexistrar a medicación.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



