Valadouro, 10 de novembro de 2019. O Alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda criticou este venres con dureza o rexeitamento do PP e do BNG, no pleno ordinario, da aprobación da segunda prorroga do convenio de colaboración pola xestión compartida do servizo de recollida de lixo e do punto limpo, entre os Concellos de Alfoz e Valadouro.
O rexedor advirte que “a pinza que están utilizando o BNG e o PP no Valadouro impiden aos veciños beneficiarse dunha subvención de preto de 120.000 euros do Fondo de Compensación pola realización deste servizo”.
Así as cousas Maseda argumenta “non entender absolutamente nada do que esta facendo a formación nacionalista no Valadouro, e creo que os veciños están aínda mais desorientados, porque o BNG non tivo ningún problema en aprobar a primeira prorroga deste convenio”.
O máximo mandatario convidou ao BNG a achegarse a todas as parroquias da vila “para explicarlles a todos os veciños, un por un, que o BNG coa conivencia do PP fixo perder unha subvención de 120.000 euros, para realizar o servizo de recollida de lixo como se viña facendo ata o de agora”, sinalou.
Nin unha soa proposta da oposición
“A Orde do Dia do pleno de novembro é bastante representativa do que fai á oposición no Valadouro, por unha banda non deixar gobernar rexeitando proxectos vitais para o Concello como o servizo de lixo, e por outra parte, a inacción nin unha soa proposta ou medida para mellorar a vida dos veciños, senón máis ben o contrario, como podemos comprobar”, espetou.
Pídolles aos dous grupos que rectifiquen
“Pídolles aos dous grupos que rectifiquen, que non castiguen ás veciñas e veciños do Valadouro pola súa inquiras puramente persoais. O Valadouro non merece este bloqueo e esta pinza, con decisións que só van conlevar ter menos recursos económicos e menos servizos”, dixo Edmundo Maseda.




















Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.



