Burela, 13 de novembro de 2019. Por Burela pasaron hoxe os técnicos das empresas que acometerán as obras nas rúas Rosalía de Castro e do Hórreo. Xunto a eles estiveron o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro Ramiro Fernández. O rexedor recordou que estes traballos están previstos desde hai bastante tempo.
Llano contou que “hoxe recibimos a visita dos técnicos de dúas obras que xa están en marcha, que xa estaban anunciadas fai moito tempo, como son as da rúa Rosalía de Castro, que vai ser unha humanización dese vieiro, e tamén da rúa do Hórreo, que é un miradoiro extraordinario para contemplar o porto de Burela”.
O alcalde de Burela explicou que “tivemos o contacto cos técnicos basicamente para mirar como xestionar a obra, cales son as particularidades e as dificultades, e desde logo tratar de conxugalas cos nosos técnicos, de tal maneira que se poidan aplicar da mellor forma posible e molestar o menos posible”.
O rexedor subliñou que “foi o que estivemos hoxe observando, tanto nunha obra como da outra, de poder facelas e revisalas sen molestar e ao mesmo tempo que queden ben e sexan útiles, agradables e bonitas para o conxunto dos veciños de Burela”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



