Mondoñedo, a 21 de novembro de 2019. En Mar ao norde, Álvaro Cunqueiro, mindoniense universal escribiu: «Este é o punto exacto», onde se para «cristalina a roda da noite». E así é Mondoñedo, o «punto exacto» que escribiu Cunqueiro, ese punto no que se xuntan tradición e modernidade, gastronomía e patrimonio histórico, natureza e cultura. O Concello de Mondoñedo, presidido por Elena Candia, mantén un esforzo continuado por dar a coñecer todo o que ofrece esta pequena e fermosa cidade episcopal. Nese camiño, hai iniciativas que, sen dúbida, resultarán atractivas para os visitantes, cuxo número aumenta ano a ano. Desde o Concello, presidido por Elena Candia, destácase o traballo que realizan tanto a asociación ACIAM como os hostaleiros de Mondoñedo no desenvolvemento de iniciativas que dan a coñecer á cidade.
Mondoñedo é, sen dúbida, «un ayuntamiento que conjuga en perfecto equilibrio naturaleza y cultura, dando como resultado un destino turístico muy atractivo por su diversidad». Así se describe en Mondoñedo, mil historias que vivir, unha publicación turística editada polo Concello mindoniense. Nela resúmense de maneira moi práctica as suxerencias ao visitante no apartado Que facer. É unha publicación moi útil para quen quere aproveitar o tempo que pasa na cidade e disfrutar de canto pon ao alcance dos que queren coñecela.
Campaña de Nadal
Tanto para os visitantes como para os veciños de Mondoñedo, comprar no comercio local é unha garantía de satisfacción. Ponse en marcha a campaña Nadal 2019, co fin de promocionar o comercio de proximidade. É unha iniciativa que se explica así nos propios carteis anunciadores: «Mercando en Mondoñedo gañamos todos». Quen adquira produtos nos locais asociados a ACIAM poderá gañar un dos 30 vales de 50 euros previstos nesta campaña; recibirá unha rifa e o sorteo será o 11-01-2020.
Concurso de tapas
Para promocionar o turismo e a gastronomía, en Mondoñedo celebrarase os próximos días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro a edición número 13 do Concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo. Participarán os seguintes establecementos: O Palique, Vinoteca Segundo Centro Socil, A Bodeguiña, A Taberna Galiana, Bodegón A Catedral, O Pasatempo, Viñoteca O Petisco, Amencer, O Rincón de Mondoñedo e O Porriño.
O prezo da tapa será de dous euros e o horario de tapeo o seguinte. Venres, de 20.30 a 00.00 horas; sábado, de 12.00 a 15.00 e de 20.30 a 00.00 horas; domingo, de 12.00 a 15.00 horas.
A organización do concurso de tapas corre a cargo da asociación ACIAM, coa colaboración do Concello de Mondoñedo. Será unha boa mostra da «gastronomía reconocida» que anuncia a moi útil publicación Mondoñedo, mil historias que vivir. Que é, pouco máis ou menos, o que veu dicir Juan Soto, mestre de xornalistas, nun artigo en ABC, aínda moi recente: «Hay que ir a Mondoñedo no una vez al año sino una vez por estación, al menos. Sobran motivos para echar un día, una semana o la vida entera en la ciudad más bella de Galicia (no cuenta Compostela, que es otra cosa)…».
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



