Mondoñedo, 12 de novembro do 2019. O BNG de Mondoñedo presenta unha queixa ante a Valedora do Pobo en relación co funcionamento ordinario do Concello no que ten que ver co acceso á información, coa entrega das Actas das reunións da Xunta de Goberno Local e sobre a celebración periódica dos Plenos ordinarios no Concello.
Segundo o voceiro do BNG no concello, Eloi Cabanas, o funcionamento ordinario do Concello de Mondoñedo é totalmente contrario aos dereitos dos concelleiros e denuncia obstrucións nas funcións de fiscalización e control encomendadas aos concelleiros da oposición por parte da lexislación local básica.
A modo de exemplo, Cabanas apunta que desde o 1 de xullo deste ano non se entregan as actas das reunións da Xunta de Goberno Local, reuníndose esta todos os luns tal e como se estableceu no pleno de organización do Concello o pasado 24/06/2019, “con este feito o goberno popular de Elena Candia incumpre de forma flagrante a lexislación vixente a cal establece que despois da celebración da xunta de goberno hai un prazo de dez días para enviar copia da acta a todos os membros da corporación”.
Por outra banda o BNG tamén se queixa pola demora no tempo de entrega da documentación solicitada formalmente no rexistro, denuncia a demora no acceso á información de expedientes que obran en poder do concello para poder facer efectivas e reais as funcións de control e fiscalización da labor do goberno que ostentan os concelleiros da oposición.
Esta solicitude de información, no mellor dos casos facilítase pasados meses desde a solicitude, o que ocasiona un grave prexuízo aos concelleiros da corporación, “a última documentación que recibimos foi solicitada por escrito a mediados de agosto e o goberno ten que saber que se no prazo de cinco días non se dita resolución denegatoria debidamente xustificada, a petición de acceso a información entenderase concedida por silencio administrativo”.
Finalmente o edil nacionalista indica que tampouco se respecta a periodicidade de celebración dos plenos ordinarios establecidos igualmente no pleno de organización da nova corporación local, “último venres dos meses de xullo, setembro, novembro, xaneiro, marzo e maio”, debendo así realizarse un pleno no mes de setembro que non foi
convocado, mais no mes de outubro celebráronse tres plenos extraordinarios convocados por urxencia. Para o voceiro nacionalista as convocatorias non estaban axeitadamente xustificadas xa que o seu propio nome xa indica que debe ser unha circunstancia extraordinaria urxente a que permite convocar plenos con estas características, “este tipo de plenos non permiten un estudo sosegado dos asuntos que conforman a orde do día e privan á oposición de debater as súas propias mocións e realizar rogos e preguntas de interese para a veciñanza”, pídelle á alcaldesa que cese na súa actitude de restrición dos seus dereitos e que cumpra os prazos conforme se establecen na lei.























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



