Cervo, 19 de novembro de 2019. O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, programou sesións didácticas e interactivas nos centros escolares do municipio con motivo da Semana Europea da Prevención de Residuos (do 16 ao 24 de novembro).
A edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, explicou que no día de hoxe, en colaboración con Sogama “quixemos afondar cos nosos escolares nas boas prácticas domésticas para lograr o máximo aproveitamento dos produtos para reducir ao mínimo a xeración de refugallos.
Deste xeito, o Concello de Cervo sumouse á campaña “Corta polo san! Reduce residuos” que promove Sogama achegando estas sesións formativas ao CEIP Península da Paz, ao CEIP de Cervo e ao IES Marqués de Sargadelos.
Tal e como precisou Méndez o que pretendemos con esta iniciativa é incidir no consumo responsable no noso día a día –na escola, no tempo de lecer, no fogar- xerando menos residuos, co que contribuímos a aforrar recursos e a preservar o medio ambiente.
As educadoras de Sogama explicáronlle aos pequenos como con pequenos xestos se poden obter grandes beneficios; como priorizando a adquisición de produtos a granel e coa menor embalaxe posible, levando a bolsa da casa á compra ou mercando tan só o que realmente precisemos. Tamén fixeron fincapé na redución do desperdicio alimentario, xa que a composición das nosas bolsas de lixo presenta unha alta porcentaxe de materia orgánica.
Os escolares recibiron unha serie de agasallos e material didáctico, como por exemplo un imán explicativo que recolle graficamente cuestións fundamentais para unha correcta separación dos residuos no fogar.
A edil de Medio Ambiente recordou que o Concello de Cervo promove desde fai xa unha década unha campaña gratuíta de compostaxe doméstica “na que participan ata o momento máis de 170 familias que xa contan cun destes recipientes no seu fogar”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



