Cervo, 15 de novembro de 2019. O Concello de Cervo suma desde hoxe unha nova arteria de comunicación. Trátase da vía ubicada entre a Avenida Bellavista e a Avenida da Veiga, que conecta o Centro de Saúde coa zona de Galdín, e que foi inaugurada no día de hoxe polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e pola conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez; ante a presencia tamén do delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, de concelleiros do equipo de goberno de Cervo, de veciños, representantes de diferentes asociacións e alcaldes pedáneos.
Os asistentes percorreron a rúa, que quedou aberta ao tráfico rodado e peonil este mediodía, e que ten unha lonxitude de 350 metros e unha anchura de 12 metros que favorecerá o dobre sentido da circulación. Tamén dispón dunha zona importante de aparcadoiros e de beirarrúas a ámbolos dous lados da calzada.
Villares quixo reiterar o seu “agradecemento á Xunta de Galicia que fixo posible que puidésemos materializar este importante proxecto cun investimento superior aos 600.000 euros”.
Trátase dunha rúa –engadiu- “que aliviará moito o tráfico no centro da vila de San Ciprián e que mellorará tamén a seguridade dos viandantes que transitan a diario por esta zona; ao tempo que tamén pode ser unha solución provisional para os vehículos pesados do Polígono de Cuíña”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



