O Valadouro, 13 de novembro de 2019. O hotel Vila do Val, de Ferreira do Valadouro, organiza varios talleres infantís durante o mes de novembro. Darán comezo o vindeiro sábado, día 16. As prazas son limitadas.
Os talleres programados para este sábado son de música e de cociña. O 23 de novembro terán lugar os talleres de adornos do Nadal e de repostería. E o 30 serán os de pintura e manualidades con materiais reciclados.
María Hermida, a directora do hotel Vila do Val, explica que “haremos dos talleres cada sábado hasta finales de este mes. Uno será por la mañana y otro por la tarde. Las plazas son limitadas y el precio para asistir es de 10 euros por día”.
E engade que “queremos que los niños y niñas de Ferreira y de la Mariña tengan una alternativa de ocio para pasar los fríos sábados del otoño entorno a actividades que despierten su interés y su curiosidad, como pueden ser la cocina o la repostería, y sobre la Navidad con el taller de adornos navideños. A este abanico de alternativas también se podrán unir los niños y niñas que estén alojados en nuestras instalaciones”.
María Hermida anima “a los papás y a las mamás a que traigan a sus niños y niñas al hotel Vila do Val a disfrutar de los sábados del mes de noviembre”.
As persoas interesadas poden obter máis información e inscribir aos participantes no teléfono 982 57 16 53.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



