Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2019. O conselleiro do Medio Rural, José González, presidiu esta mañá en Santiago de Compostela a entrega dos galardóns á excelencia da calidade hixiénico-sanitaria de produtores de leite cru de vaca de Galicia, coñecidos como premios “Exceleite”. Alí destacou que se algo teñen claro os galegos é o de apostar pola calidade dos produtos en lugar de pola cantidade, “menos é máis”, salientou González.
Neste senso, o conselleiro puxo en valor os produtos do agro en xeral e o leite en particular, “temos a mellor materia prima”, matizou, e engadiu que esa calidade -máis que recoñecida- vén abalada polo traballo e seriedade dos gandeiros nas explotacións. Un traballo, dixo, que está reforzado coa actuación dos técnicos, dos veterinarios e de todo o persoal que asesora aos produtores, incluíndo tamén a industria e a distribución.
Por iso, indicou José González, foi esencial poñer en marcha a Estratexia do Sector Lácteo, co fin de traballar con todos os axentes implicados e lograr un paquete de medidas que melloren o prezo e a posición negociadora dos produtores. Unha estratexia, dixo, baseada na reforma da PAC, na profesionalización do sector a través da formación e da innovación, na rendibilidade das explotacións e na mellora de base territorial.
Nesta liña, o conselleiro lembrou que Galicia segue sendo líder en España no sector lácteo, con preto do 40% da produción do leite total, e incidiu en que este eido produtivo é un dos motores do rural galego e da economía da nosa comunidade. “Impulsar a calidade da produción agroalimentaria é vital para o desenvolvemento dun rural forte e con futuro”, matizou. E, para iso, incidiu en que é preciso conseguir mellores prezos para que permitan seguir gozando da mesma calidade do produto como ata o de agora.
Precisamente sobre esta materia, González indicou que xa hai unha aplicación móbil en desenvolvemento para que todos os gandeiros poidan calcular os custos de produción de maneira sinxela e rápida, co fin de que esa calidade do leite sexa recoñecida tamén polo propio consumidor.
Deste xeito, engadiu o conselleiro, Galicia seguirá sendo un referente dentro e fóra das nosas fronteiras grazas a esa aposta pola calidade, un fito prioritario para o Goberno galego que se materializou xa en ferramentas como a marca Galega 100%.
Durante a súa intervención, o titular de Medio Rural tivo unhas palabras de agradecemento ao esforzo e dedicación dos gandeiros, pois “son xente que interpreta a gandaría como unha actividade que fixa poboación no rural e que ten tamén que actuar como custodio do territorio”, ademais de concibir a súa explotación coma un negocio que garante o benestar dos seus animais e se preocupa por unhas condicións óptimas hixiénico-sanitarias.
Terceira edición
Estes premios teñen como finalidade recoñecer aos gandeiros máis comprometidos co seu traballo e, polo tanto, coa calidade do leite que producen nas súas explotacións. Así, estes galardóns distinguen ás granxas en tres categorías en función do seu tamaño (pequenas, medianas e grandes) e, á súa vez, estas subdivídense cada unha delas en tres grupos segundo o sistema de produción (intensivo, semiextensivo ou extensivo). Tamén se recoñecen de xeito específico as mellores explotacións ecolóxicas.
A estes premios optaron todas as explotacións leiteiras de gando vacún de Galicia que realizan os seus autocontrois de calidade no Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal) e que estiveran dadas de alta no Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada (Recaldi) e, no caso das ecolóxicas, no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega). Polo tanto, os gañadores pasaron uns controis serios e rigorosos levados a cabo por profesionais do Ligal, veterinarios e técnicos da Consellería, e que dan mostra do comprometidos que están coa calidade do seu produto.






















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



