Lugo, 13 de novembro de 2019.- O deputado de Deportes, Efrén Castro, presentou esta mañá a primeira edición do Rally da Mariña Lucense, que se disputará o vindeiro sábado nos concellos de Viveiro, Xove, Cervo e O Vicedo.
A carreira, que levará por primeira vez á comarca unha competición do Campionato Galego de Rally, reunirá na súa estrea 72 pilotos entre os que destacan Iago Caamaño, Alberto Meira ou o lucense Adrián Díaz.
O deputado de Deportes, Efrén Castro, subliñou “a boa acollida que a proba tivo entre os pilotos” e amosouse confiado en que “veña para quedarse” no calendario do automobilismo galego e “cubrir un oco que ata agora estaba baleiro na Mariña pese a afección ao motor que hai na comarca, coma no resto da provincia e mesmo Asturias, de onde seguro tamén chegarán siareiros”.
O presidente da escudería Mix Rally Sports, Ignacio Davila, sinalou que “os pilotos que recoñeceron os tramos quedaron moi satifeitos co percorrido e transmitíronnos azos para seguir apostando por estes emprazamentos noutras edicións”.
Tamén fixo un chamamento a “cumprir as medidas de seguridade e respectar as indicacións dos organizadores da proba”, na que colaboran máis dun cento de efectivos entre axentes das forzas de seguridade e voluntarios.
Ao acto de presentación, asistiron tamén o delegado da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, os alcaldes do Vicedo e Xove, Jesús Novo e Demetrio Salgueiro, e o concelleiro de Deportes de Cervo, David Rodríguez.
Programa
O Rally da Mariña Lucense comezará o venres coas verificacións técnicas e administrativas que se realizarán nun recinto habilitado no porto de Viveiro a partir das 16 horas.
A competición desenvolverase o sábado a partir das 8:00 horas, con tres treitos cronometrados polos concellos do Vicedo, Xove e Cervo polos que realizarán tres pasadas ao longo da xornada.
A entrega de premios será ás 00:00 horas do domingo no parque pechado de Viveiro.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.


