Viviero, 23 de novembro, 2019. Esta Alcaldía ten a ver comunicar que en data 23 de novembro de 2019 se reuníu o xurado que fallará o II Premio Vilar Ponte de Novela.
Na citada reunión procedeuse á constitución do xurado composto por tres persoas vinculadas ao ámbito literario e cultural e un representante do Concello de Viveiro que actuará como secretario con voz e sen voto:
Carlos Nuevo Cal. Cronista Oficial de Viveiro, Mestre e Historiador.
Xoan Neira López. Mestre e Escritor.
María Donapetry Camacho. Profesora e Escritora.
Intervén como secretaria, con voz e sen voto, M. Rosario San Isidro Franco, traballadora do Excmo. Concello de Viveiro que levanta acta.
O Primeiro Premio corresponde a dona Natalia Carou Figueira coa obra O Mal Querer facendo as seguintes aportacións en relación á obra gañadora:Trátase dunha novela redonda, moi dura, que retrata a sociedade actual onde a violencia, o machismo, a droga, o maltrato, o acoso escolar, a manipulación mediática, os poderes fácticos, e, sobre todo, o desamor ou desafecto se xuntan nun cóctel destructor no que se ve atrapado o lector.
O Premio Ao Finalista corresponde a don Ramón Carredano Cobas coa obra Qwerty facendo as seguintes aportacións: En contraste coa novela gañadora pode resultar máis complexa a súa lectura debido aos saltos temporais do pasado, presente e futuro (o soño da viaxe no tempo). Destaca a sensibilidade sensual e poética (sabores, olores …) combinando o respeto á natureza có progreso e os avances da ciencia.
O acto de entrega de premios será o xoves 5 de decembro de 2019 no Teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 20:30 horas.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



