Viveiro, a 21 de novembro de 2019. Só a falta de dilixencia por parte do goberno municipal explica que un terreo cedido de palabra hai anos ao Concello de Viveiro en Covas siga sen pasar oficialmente a propiedade municipal. Esta desleixo na xestión do equipo presidido pola socialista María Loureiro crea problemas aos veciños de Viveiro que viven nos edificios números 9, 11, 13 e 15 da Avenida de Cantarrana. O terreo en cuestión está situado na parte posterior dos citados inmóbeis, foi pavimentado no seu día polo Concello e sirve como acceso a garaxes particulares, a un aparcamento e polo seu subsolo discorren redes de subministro eléctrico e de saneamento. O grupo municipal do PP presenta unha iniciativa para conseguir que o goberno municipal adopte as medidas necesarias para formalizar a titularidade dese espazo urbano e reparar o pavimento, que está moi deteriorado.
Os concelleiros populares recordan que, en resposta á primeira iniciativa que presentaron sobre este asunto, a alcaldesa definiu esta pequena rúa como un «patio de servidume». É unha definición cando menos singular para xustificar a inacción de goberno para solucionar un problema que afecta a numerosos veciños de Viveiro, que pagan relixiosamente os seus impostos.
O PP di que o estado en que se atopa esta rúa, que vén ser algo así como unha travesía da Avenida de Cantarrana, é inaceptable. A estas alturas do século XXI non se pode admitir que nunha cidade existan espazos sometidos a tal abandono por parte do Concello. Os concelleiros populares recordan que os titulares dos garaxes privados aos que da acceso este terreo pagan vaos permanentes.
Os concelleiros populares resumen os obxectivos da súa nova iniciativa municipal: reparación inmediata do firme da rúa e inicio tamén inmediato das negociacións para formalizar a cesión, xa feita hai tempo de maneira verbal, do terreo que é na práctica unha rúa de Viveiro.

















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



