A Mariña, 8 de novembro de 2019. O Turismo Slow Norte de Galicia fai unha valoración positiva do traballo realizado ao longo deste 2019. Esta semana tivo lugar unha xuntanza en Barreiros da que saíron as conclusións dos participantes. O Turismo Slow Norte de Galicia prima o compromiso co medio ambiente, coa calidade e a implicación co proxecto.
No 2015, as Mancomunidades de Ferrolterra e Mariña Lucense, co apoio da Axencia Turismo de Galicia, puxeron en marcha un proxecto pioneiro en Galicia e tamén en España: o Turismo Slow Norte de Galicia. Onte tivo lugar unha das reunións das empresas turísticas participantes nun dos aloxamentos pertencentes á rede, A Lume Manso, sita no concello de Barreiros. Dende fai tempo, as xuntanzas de traballo realízanse nos propios aloxamentos, co fin de traballar nun ambiente distendido, fortalecer as redes de colaboración entre os participantes na rede e propiciar o intercambio de experiencias e de coñecemento entre as persoas anfitrioas dos aloxamentos.
Durante a xuntanza realizouse unha análise e valoración dos resultados das accións realizadas durante esta anualidade e traballouse na planificación estratéxica de cara ao vindeiro ano.
A implicación dos operadores turísticos deu como resultado a mellora e a innovación dos servizos. Polo que entre as accións realizadas no ano 2019, destacan entre outras, dúas iniciativas que serviron de experiencia piloto para o Turismo Slow nos destinos Mariña Lucense e Ferrolterra.
Por unha banda, a colaboración de Ingrid, que puxo en marcha o proxecto “Deliciosamente Rural”, e ofreceu un curso dirixido ao sector, especialmente aos aloxamentos, sobre almorzos veganos, saudables e saborosos e a colaboración con María da Casa de A Pasada (aloxamento pertencente á rede), que impartiu un curso sobre a xestión de redes sociais.
Outra das accións realizadas, foi a participación dos aloxamentos da rede tanto da Mariña Lucense como de Ferrolterra, no FamTrip da Ruta da Faba, organizado pola Mancomunidade da Mariña Lucense en colaboración coa Cooperativa Terras da Mariña, que ademais de dar a coñecer de preto os recursos patrimoniais, culturais e gastronómicos do territorio, facilitou o contacto e establecemento de sinerxías tanto coas entidades participantes como cos operadores turísticos e empresas de receptivo que asistiron á xornada.
O Turismo Slow Norte de Galicia é un proxecto de participación voluntaria para aquelas empresas de aloxamento que cumpran os requisitos e, sobre todo, que teñan a motivación e ilusión necesarias para participar nun proxecto colectivo deste tipo e que fagan un triplo compromiso: o Compromiso ambiental, de sostibilidade e coidado do entorno, o Compromiso coa calidade (priorizando a calidade dos aloxamentos e a profesionalidade das persoas responsables deses aloxamentos), e o Compromiso co proxecto, que se refire á implicación e o interese pola consolidación do mesmo.
Na actualidade, participan no proxecto un total de 45 aloxamentos, dos cales 23 pertencen ao Xeodestino da Mariña Lucense, e concretamente aos concellos de Barreiros, Burela, Foz, Viveiro, Trabada, A Pontenova, Mondoñedo, Alfoz, O Valadouro e O Vicedo.
A través dos aloxamentos que forman parte do proxecto, constátase que cada vez se incrementa mais o número de persoas que demandan esta forma de viaxar e que buscan estancias máis longas para poder gozar dunha inmersión cultural completa no destino.
Ademais, neste senso hai que resaltar a boa marcha do proxecto xa que non só se incrementa o número de viaxeiros que demandan esta forma de viaxar, senón que tamén están a contactar con nós entidades e empresas que se interesan pola compra de bonos de turismo slow como agasallo para a súa clientela ou para o seu persoal.
























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.



