Lugo, 1 de novembro . A candidata do BNG ao Congreso, Olalla Rodil, reivindicou en Chantada unha tarifa eléctrica galega que permita rebaixar o custo da enerxía as familias e as empresas.
A carón do encoro de Belesar, arroupada por militantes e simpatizantes do BNG, Olalla Rodil sinalou que “quixemos vir a este lugar porque é un bo exemplo do expolio enerxético ao que está sometido este país. Desde o BNG comprométemonos a partir do 10 de novembro a defender, como vimos facendo nos últimos anos, o dereito de Galiza, das galegas e dos galegos, a contar cunha tarifa eléctrica propia que compense a todas as persoas deste país polo feito de sermos produtoras, excedentarias, exportadoras de enerxía electrica”.
“As galegas e os galegos teñen que ver compensados os custes medioambientais, ecoloxicos e sociais deste tipo de construcións hidraúlicas e temos que ver como a enerxía se converte nun dereito básico, nun elemento fundamental para o desenvolvemento social e económico do país e non como temos co caso de Alcoa unha ameaza para 2.000 postos de traballo”, continuou a candidata nacionalista.
O programa do BNG para as eleccións do vindeiro 10 de novembro marca como prioridade a reclamación dunha tarifa eléctrica galega que permita que os consumidores domésticos paguen un 30% menos pola enerxía que consomen e as empresas galegas reduzan custos, garantindo os empregos, especialmente na industria electrointensiva..
“As eleccións do 10 de novembro representan unha oportunidade para recuperar a representación galega nas Cortes do Estado e para fortalecermos a voz que defende os intereses do noso pobo. É a hora de que se fale da Galiza, das súas necesidades, dos seus problemas sociais e económicos e das solucións precisas”, concluíu Olalla Rodil
Reparto electoral na feira de Santos de Monterroso
Ao longo da mañá, candidatas e candidatos do BNG ao Congreso e ao Senado repartiron material electoral e explicaron as propostas da formación nacionalista na feira de Santos de Monterroso.
“Vemos que hai un montón de postos, de vida, de productos do país, que é o que nos queremos defender. O que necesitamos nese país e que todos os recursos, todos os potenciais produtivos que temos, poidamos utilizalos en beneficio das maiorías sociais do noso país”, expuxo Yann Pouliquen, número dous da candidatura do BNG ao Congreso.
“Que o BNG teña voz no parlamento do Estado español é extremadamente importante por iso, porque quen defende os sectores e intereses deste país? Ten que ser o BNG, non hai outra alternativa”, asegurou.
No reparto tamén participaron as candidatos ao Senado Pilar Prieto e Xavier Vázquez.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



