Cervo, 26 de novembro, 2019. O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, recibiron este mediodía no Concello a Ángel Manuel Hernández, o policía de Cervo que resultou ferido nos disturbios de Barcelona, o pasado 18 de outubro; e que agora se recupera na casa familiar en Ríocobo.
No encontro, no que estivo acompañado polo seu pai, Ángel, recordaron o seu pasado como traballador deste Concello -no GRUMIR e como socorrista-; e como mostra de cariño, entregáronlle un prato de cerámica de Sargadelos.
Tal e como precisou Villares “alegrounos ver que Ángel Manuel estase recuperando pouco a pouco desas feridas que sufriu no brazo e da posterior intervención cirúrxica pola que tivo que pasar, e que mellor sitio para facelo que rodeado dos seus, na casa”.
O rexedor quixo amosarlle o seu agradecemento a el e a todas as forzas e corpos de seguridade pola solidaridade amosada e por velar sempre pola convivencia pacífica entre todos os cidadáns.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



