Burela, 25 de novembro, 2019. Xa está aberta a venda anticipada para o primeiro Día do Club da tempada 2019-20. Será para o gran Clásico que acollerá este sábado, 30 de novembro, Vista Alegre, coa visita do Atlético Futsi Navalcarnero, na 12ª xornada de Primeira (18.30 horas).
A Bomboneira será escenario de luxo para un novo espectáculo entre os dous titáns da elite feminina, coa visita das actuais campioas de liga ao feudo das triunfadoras en Copa da Raíña e Supercopa de España. As madrileñas chegarán liderando o cumio clasificatorio con 33 puntos fronte á segunda praza das irmandiñas, con 31.
As entradas estarán dispoñibles ata o venres, día 29, a mediodía na sede do club laranxa (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela). Horario de atención: De luns a xoves 9.00-14.00 // 16.00-19.00 e os Venres 9.00-14.00 horas).
Soci@s
Adult@s: 3 euros
Menores de idade (6-17 anos): 1 euro
Non soci@s
Adult@s: 12 euros
Menores de idade (6-17 anos): 5 euros
*Para non abonad@s tamén existe a posibilidade da adquisición de entradas a través da seguinte LIGAZÓN ata o xoves, 28 de novembro.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
