Lugo, 23 de decembro de 2019. A Consellería de Política Social financia con 1,2 millóns de euros os programas de emerxencia e inclusión social de 14 concellos da provincia de Lugo en apoio dos colectivos en situación de vulnerabilidade.
Entre as iniciativas que os servizos sociais municipais desenvolverán -co apoio da Xunta- están os programas de inclusión da poboación xitana, inmigrante e persoas en risco de exclusión social que engaden, por primeira vez, un programa específico para a atención ás persoas sen fogar.
O orzamento destinado polo Goberno galego para estas accións duplica o previsto o ano anterior e inclúe a ampliación do período para levar a cabo os programas subvencionados, que se eleva de 16 a 20 meses, para que os concellos que os impulsen conten con máis continuidade.
Catro programas subvencionados
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que respecto á provincia de Lugo, catro concellos da provincia (Lugo, Monforte, Quiroga e Viveiro) repártense un total de 290.061,71 euros para o programa de apoio á comunidade xitana.
O segundo programa financiado é o dirixido á inclusión social da poboación inmigrante, con 290.061 euros a distribuír entre outros catro concellos, en concreto, os de Burela, Lugo, Viveiro e Vilalba.
A terceira das accións financiadas é a promovida polo Concello de Lugo, que recibe 68.772 euros para o programa de apoio a situacións de emerxencia social.
Finalmente, máis de medio millón de euros (572.178 euros) servirán para apoiar os programas complementarios de educación e apoio familiar dirixidos á inclusión social dos menores de once municipios da provincia: os de o Viveiro, Vilalba, Sober, Pobra do Brollón, Pantón, Monforte, Mondoñedo, Guitiriz, Chantada, Carballedo e Burela.
Aínda que as accións subvencionables pode variar en función do programa concreto, moitas delas teñen en común iniciativas como a erradicación do chabolismo, mediación cultural e social, reforzo educativo de menores, formación dixital, servizo de transición ao emprego, accións formativas dirixidas ao coñecemento dos valores de acollida, ou á alfabetización nas linguas oficiais e o servizo de Educación Familiar, entre outros.
Esta iniciativa redunda na necesaria colaboración institucional entre os concellos e a Xunta. As corporacións municipais son responsables dos servizos sociais básicos e da prestación destes apoios, e a Administración autonómica financia estas iniciativas.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



