Lugo, 26 de decembro de 2019. O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, asistiu este xoves á inauguración do novo refuxio de animais de Foz, situado no núcleo de Mañente, na parroquia de Vilaronte. Un acto no que tamén participou o alcalde focense, Francisco Cajoto, o Deputado de Medio Ambiente, José Luís Raposo, a vicepresidenta da Protectora de Animais do municipio, Laura Fernández Lestegás, e diferentes membros do Goberno local. Na súa intervención, Tomé Roca destacou que nestas instalacións se investiron 90.000€ co obxectivo de que “sexan útiles e proveitosas para desenvolver este labor de coidado dos animais que se fan dun xeito totalmente altruísta”.
O novo refuxio “é un servizo moi demandado e moi necesario para esta asociación protectora de animais de Foz porque somos coñecedores de que as instalacións nas que se viñan prestando estes labores eran insuficientes”, sinalou o Presidente. Ademais, explicou que dará cobizo tanto a cans coma gatos e estará “xestionado polo Concello xunto coa Asociación Asistencial Protectora de Foz e tamén o poderán empregar outros municipios da contorna se o deciden”.
Tomé Roca tamén puxo de manifesto a importancia de que a Deputación lle dea respaldo aos concellos habilitando espazos nos que os concellos poidan levar os animais abandonados e prestarlles os coidados que requiren, pois “a Xunta de Galicia transferiulle aos municipios as competencias de recollida e xestión de animais, pero sen proporcionarlles ningún recurso económico para poder asumir este servizo”, subliñou.
A edificación atópase nunha parcela municipal de máis de 13.000 m2, lugar no que agora mesmo tamén está o punto limpo. O refuxio sitúase na parte sur do terreo, estendéndose uns 2.500 metros cadrados, onde a propia canceira terá unha ocupación en planta de 285 metros cadrados. Trátase dunha nave con estrutura metálica cuberta e inclinada a dúas augas, con zonas cubertas nas dúas direccións e terá capacidade para 40 animais, cumprindo así as normativas existentes sobre benestar animal. As novas instalacións dispoñen de zona de espera, oficina, aseo con ducha e zona de baño de animais, sala de curas e sala para pequenas intervencións. A nave conta cunha zona exterior para os animais, onde se atopa tamén un almacén de alimentos.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



