Lugo, 30 de decembro. O BNG reclama a mediación urxente da Xunta de Galiza na busca dunha solución que facilite a viabilidade de Muebles Hermida despois de que traballadores, sindicatos e dirección da empresa fosen chamados a unha reunión o vindeiro venres 3 de xaneiro.
A formación nacionalista dá eco a preocupación dos preto de cen traballadores da empresa que teñen pendente o cobro de catro nóminas e que agardan con inquedanza novas sobre o futuro da fábrica de mobles, en concurso de acredores desde comezos de decembro.
A situación pola que atravesa a empresa, centro de traballo fundamental nos concellos de Lourenzá e Mondoñedo, abordarase no último pleno provincial, que se celebra mañá venres. A corporación debaterá unha moción impulsada polo BNG de Lourenzá que urxe ao goberno galego a buscar unha solución que facilite a continuidade da empresa e o mantemento dos postos de traballo, e que incide na necesidade de axilizar os procedementos para que o cadro de persoal perciba os salarios pendentes.
O BNG argumenta que o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), principal acredor da empresa cunha débeda de 4,5 milóns de euros, debería tomar cartas no asunto e garantir a actividade e os postos de traballo para non deixar morrer a empresa.
A formación nacionalista lembra que esta é a segunda ocasión en menos de dez anos na que a empresa pasa por unha situación semellante -en 2011 presentou un ERE que reduciu o cadro de persoal á metade- e denuncia o desamparo dos traballadores fronte á empresa a pesar das importantes axudas públicas que ten recibido.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



