Foz, 28 de decembro de 2019. O Concello de Foz mellorará a rede de abastecemento de auga e viarios no barrio de Alemparte, da parroquia de Cangas. Estas obras contarán cun investimento total de 48.000 euros.
O alcalde, Fran Cajoto, anunciou hoxe “a adxudicación das obras de renovación do abastecemento de auga e aglomerado de viarios no barrio de Alemparte, na parroquia de Cangas de Foz. As obras, que supoñen un investimento total de 48.000 euros de fondos propios, inclúen a substitución de 350 metros de tubaxe do abastecemento de auga por unha nova canalización de 75 milímetros de diámetro, que inclúe unha boca de rego. Esta actuación é moi necesaria polas roturas continuas que se estaban a producir na rede e que obrigaron a reducir a presión na mesma. As obras complétanse co aglomerado en quente, con mestura bituminosa tipo D-12, de 650 metros de viarios municipais, nos que se prevé o levantado de arquetas, a reposición de sumidoiros danados e o reforzo da sinalización”.
O rexedor municipal destaca que “é unha actuación necesaria nun barrio moi poboado e segue a liña do novo equipo de goberno, que nos comprometemos a traballar tanto nas parroquias como no casco urbano de Foz. Estas obras foron reclamadas xa polos veciños e por FPF na lexislatura anterior e consignada cunha partida propia nos presupostos de 2019. Os servizos técnicos do Concello redactaron o proxecto neste mes de decembro, o que redunda nun mellor aproveitamento dos recursos propios do Concello. Esperamos poder executar as obras entre os meses de xaneiro e febreiro de 2020, se as condicións meteorolóxicas así o permiten”.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



