Foz a 10 de dececmbro de 2019. O voceiro Popular Javier Castiñeira afirmou que “En setembro de 2018 o anterior goberno municipal asinou coa Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a aprobación definitiva do primeiro Plan Xeral de Foz despois de moitos anos de tramitación.
Un fito histórico que significou un gran avance para a nosa localidade,que moderniza o Concello e adáptao á legalidade urbanística actual, mellora a seguridade xurídica e implica un cambio fundamental na planificación, na organización e especialmente na protección do entorno urbano e rural e do patrimonio histórico cultural de Foz.
Concreta Jorge Castiñeira, “o plan inclúe o compromiso de redactar un PEPRI nunha zona xa delimitada, que coincide coa parte máis antiga da vila coa intención de que puidera ser desenrolada máis minuciosamente unha vez se aprobara o Plan Xeral debido ao seu carácter distintivo e orixinal da Vila de Foz…
..Actualmente esa zona inclúe unhas normas de ordenación provisionais concretas que o protexen pero que non o desenrolan e que debe ser contratado e redactado a un equipo de profesionais do mesmo xeito que se fixo co PXOM”.
“Despois de seis meses de goberno inactivo, no que so se adicaron a aproveitar a inercia executiva do anterior goberno popular, e tendo en conta que vai ser un proceso longo no que deben participar os veciños como pasou co pxom, instamos nunha moción ao goberno bipartito a que contrate o antes posible dito documento e inclúa unha partida especifica para este proceso nos orzamentos do 2020 que ainda ten sen aprobar”





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



