Lugo, 10 de decembro de 2019.- A Consellería do Medio Rural destinou 1.964.600 euros nos dous últimos exercicios para desenvolver 79 proxectos de creación de superficies forestais en 27 concellos da provincia de Lugo.
O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, sinalou que estes datos corresponden ás dúas últimas convocatorias deste programa de achegas: unha rematada e aboada ao longo deste ano (34 proxectos) e a segunda con 45 actuacións que se están a iniciar e culminarán na primavera do 2020. Engadiu que neste momento está aberta unha nova orde das axudas para a creación de superficies forestais e o prazo de solicitudes rematará o 22 de xaneiro. O orzamento consignado ascende a 8 millóns de euros.
Estas achegas teñen por obxecto establecer axudas para a creación de superficies forestais mediante plantacións con frondosas caducifolias ou con coníferas, en terras non agrícolas. Están dirixidas ás sociedades de fomento forestal (Sofor), aos propietarios particulares de forma individual, ás asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, ás cooperativas agrarias, aos pro indivisos, aos montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ás comunidades de bens, outras persoas xurídicas e ás comunidades de montes veciñais en man común.
Paralelamente, a Consellería abriu unha convocatoria dotada con 1,8 millóns de euros para a concesión de primas de mantemento aos beneficiarios que executaron forestacións ao abeiro deste programa; en concreto, para contribuír ao coidado e á realización de traballos forestais posteriores á plantación de expedientes correspondentes aos anos 2016, 2017, 2018. O prazo de presentación de solicitudes remata o 2 de xaneiro.
Distribución territorial
A maior parte dos investimentos en forestación das últimos dous anos corresponderon ao distrito da Fonsagrada, con 722.500 euros de investimento (o 36,7%) en sete concellos, seguido polo de Terra de Lemos, con 674.800 euros (34,3%) para nove concellos. A continuación sitúanse os distrito Lugo-Sarria, con 368.500 euros (18,7%) en seis concellos; a Terra Chá, con 165.300 euros (8,4%) en tres concellos, e A Mariña con 33.500 euros (1,7%) en tres concellos.
As dúas terceiras partes da superficie da provincia de Lugo (656.842 ha) están ocupadas por superficies de monte o terreo forestal, sendo na súa práctica totalidade de propiedade privada. No ano 2018 Lugo contaba con 831 montes de xestión pública baixo consorcio ou convenio, cunha superficie total de 101.115,53 ha. Isto supón os 47% de montes de xestión pública de toda Galicia. O 21 % desta superficie esta certificada polo sistema de certificación forestal PEFC.



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



