Santiago, 28 de decembro de 2019. A Consellería do Mar publicou esta semana a convocatoria de 2020 de axudas a propietarios de buques pesqueiros galegos para investimentos que fomenten a pesca sustentable, unhas achegas que están cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e ás que a Xunta destina preto de 800.000 euros.
Destes apoios poden beneficiarse os propietarios de pesqueiros con porto base en Galicia que realicen investimentos para limitar o impacto da pesca no medio mariño e para protexer as especies. Tamén son subvencionables as actuacións que melloren as condicións de traballo, hixiene e seguridade dos buques e aquelas relacionadas coa eficiencia enerxética e a mitigación do cambio climático. Outros investimentos obxecto de axuda son aqueles que aumenten o valor engadido, a calidade dos produtos e o uso de capturas non desexadas así como os destinados a servizos de asesoramento para fomentar a pesca sustentable.
Estas achegas subvencionan actuacións como a modernización de buques, o subministro e instalación de hélices de manobra ou a reforma das estruturas de abrigo na cuberta así como equipamentos de salvamento e loita contra os lumes, traxes de supervivencia, equipos de navegación ou adaptacións a bordo para mellorar as condicións hixiénicas.
As persoas interesadas en cursar as solicitudes poden consultar os requisitos e a documentación necesaria na orde que publicou esta semana o Diario Oficial de Galicia (DOG) e o prazo de presentación de solicitudes é dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación.
A esta orde de axudas súmase ademais a convocatoria de 2020 de achegas a tripulantes de buques pesqueiros galegos para investimentos que fomenten a pesca sustentable e que ten como obxectivo impulsar que estes mariñeiros adquiran a súa primeira embarcación e inicien a actividade como armadores.
A orde destas axudas, que tamén publicou esta semana o DOG, conta cun orzamento de algo máis de 200.000 euros. O investimento máximo subvencionable será o do prezo de adquisición do buque e a axuda será o 25% do devandito custo, sen que en ningún caso esta sexa superior a 75.000 euros. Con esta medida a Xunta pretende favorecer o relevo xeracional no sector e a incorporación á actividade como armadores de mariñeiros con experiencia. Así, poderán beneficiarse destas subvencións os tripulantes de buques pesqueiros con porto base en Galicia que teñan menos de 40 anos no momento de presentar a solicitude.
Son obxecto destas achegas os investimentos para a adquisición dun buque pesqueiro pertencente a un segmento de frota que estea en equilibrio respecto da capacidade pesqueira e os recursos pesqueiros dispoñibles. É dicir, aqueles nos que o número de embarcacións está axustado ás existencias das especies pesqueiras que capturan, polo que non pode haber sobreexplotación, un requisito indispensable imposto pola Unión Europea. Os interesados tamén deben estar dados de alta no réxime dos traballadores do mar e ter traballado polo menos cinco anos como pescadores ou ter a titulación profesional exixida segundo o tipo de embarcación que adquiran.
Ademais, o buque que se compre ten que estar operativo e inscrito no Censo de Frota Pesqueira Operativa e no Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia, ter unha eslora total inferior aos 24 metros, ter entre 5 e 30 anos de antigüidade e estar equipado para a pesca mariña. As persoas interesadas en cursar as solicitudes poden consultar os requisitos e a documentación necesaria na orde que publicou esta semana o DOG e o prazo de presentación de solicitudes é dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



