Ribadeo, 2 de decembro de 2019. Esta fin de semana quedou aberta ao tráfico a rúa Pintor Fierros, tras a remodelación acometida nas últimas semanas e cuxo investimento ascendeu a 103.000 euros. A concelleira de Obras, Mónica Freire, explicou que se procedeu á renovación do pavimento e da sinalización así como á colocación de papeleiras e árbores. Os últimos arranxos remataranse durante o presente mes de decembro.
A edil ribadense confirmou que “a rúa Pintor Fierros xa se atopa aberta ao tráfico desde esta pasada fin de semana. Fixemos unha obra importante para a veciñanza de Ribadeo nunha zona moi céntrica e con moito tránsito”.
Mónica Freire explicou que “fixemos unha renovación completa do pavimento ademais de colocar nova sinalización e papeleiras, un novo pintado do vieiro e a plantación de árbores. A falta duns pequenos arranxos a obra xa quedará rematada ao longo deste mes de decembro”.
A concelleira de Obras en Ribadeo salientou que “desde o Concello de Ribadeo entendemos a importancia que ten a zona, tanto de Pintor Fierros como as rúas colindantes, polo alto tránsito de persoas e de vehículos que as empregan, porque alí están ubicadas varias das instalacións deportivas municipais. Entendemos que é necesario a actuación de mellora tanto nesta rúa, que acabamos de arranxar, como nesta zona. Cara a isto está o noso compromiso e o noso traballo no futuro”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



