A Mariña, 10 de decembro de 2019. Tanxugueiras chega á Mariña o vindeiro sábado, día 14, para interpretar en directo os temas do seu último traballo, titulado Contrapunto e que se pode escoitar dende o 22 de novembro en todas as plataformas dixitais. O grupo conformado por Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro, acompañadas de Isaac Palacín ás percusións, volve nesta nova etapa cunha posta en escena moi coidada e rebosante de enerxía.
A xira inicial de presentación de Contrapunto aposta por descentralizar os eventos culturais e manterse apegadas e presentes no territorio do que emana a tradición musical que inspira ao grupo. Así, a xira arrancou o pasado día 29 en Mos e continuou en Celanova o xoves 5.
As entradas para o concerto de Burela, que terá lugar no auditorio municipal ás 21.00 horas do sábado 14 , xa se poden adquirir a través da páxina web oficial do grupo www.tanxugueiras.com e da plataforma www.enterticket.es. A vindeira cita de Tanxugueiras co público terá lugar en Santiago de Compostela o 2 de febreiro de 2020. Para esta nova etapa, as Tanxugueiras subiranse aos escenarios non só con ganas de pasalo ben e a enerxía de sempre que lles caracteriza, senón tamén acompañadas dunha posta en escena na que a iluminación ten un peso fundamental para achegar ao
público ás historias que narran nas dez cancións que conforman Contrapunto . Un directo que busca que os e as espectadoras acompañen a Olaia, Aida e Sabela nun percorrido que comeza polas letras máis delicadas e íntimas do disco e que vai subindo de revolucións ata a máxima potencia que Tanxugueiras pode despregar no escenario. Así, o novo directo do grupo será tamén un bo exemplo da evolución musical que plasma o seu segundo disco,
que contén un relato maduro, cheo de matices e renovador e no que as tres asumiron a súa definición artística e musical coa colaboración de Isaac Palacín.
Contrapunto é, polo tanto, a visión máis persoal dun grupo que aposta pola evolución da música tradicional pero partindo dende a recollida de letras populares. Con elas, Tanxugueiras fía cinco relatos, cada un coa súa cara e a súa cruz, nos que cantan ao empoderamento da muller, á deslealdade e á traizón, á liberdade política, á amizade, á vida, á liberdade de decisión, a crítica á ditadura ou ao desengano. O álbum está xa dispoñible nas principais plataformas dixitais para a súa escoita e para a venda en tendas físicas e online, así como nos concertos do grupo.
Banda destacada no GalicianTunes
Logo do lanzamento do seu segundo disco, Tanxugueiras sitúanse esta semana como grupo destacado en GalicianTunes (www.galiciantunes.com), plataforma impulsada pola Xunta de Galicia a través da Agadic (Axencia Galega de Industrias Culturais)- e en colaboración con AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais) e a asociación Músicos ao Vivo co obxectivo de favorecer a promoción internacional e a presenza exterior das agrupacións galegas.
Este fito musical súmase tamén á boa acollida que tanto Desposorio coma Perfidia están a ter en plataformas como Spotify ou Youtube, na que o primeiro single do novo álbum supera xa as 20.000 reproduccións.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



