Ribadeo, 7 de xaneiro de 2020. Concello e Acisa fan un balance positivo de RibaXogo. Do centro de ocio infantil e xuvenil, instalado no parque de San Francisco do 21 de decembro ao 6 de xaneiro, desfrutaron preto de 2.500 pícarxs e rapaces durante este Nadal. Os datos provisionais apuntan a unha recadación que supera os 8.400 euros.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio, Pablo Vizoso, dixo que “o resultado foi satisfactorio por que se venderon preto de 2.500 entradas e, tendo en conta que a maior parte dos usuarios ían acompañados podemos dicir que polo recinto de RibaXogo pasaron unhas 6.000 persoas durante este Nadal”.
O edil ribadense comentou que “aínda se está realizando a contabilidade e non dispoñemos de datos definitivos, pero o que si sabemos é que a recadación supera os 8.400 euros e que a medida que ían pasando os días as entradas bonificadas incrementábanse notablemente polo que podemos afirmar que o obxectivo de atraer visitantes e dinamizar ao comercio de Ribadeo conseguiuse”.
Para Vizoso “si facemos o balance comparando os ingresos cos gastos hai que indicar que este tipo de eventos organízanse sabendo que se incorre en déficit, por que hai partidas de gastos que son necesarias para que todo funcione: subministro de luz, persoal durante case 1 mes, etc. Pero Ribaxogo, ao igual que outros eventos, non se fai para sacar beneficios se non para servir de apoio ao comercio de Ribadeo, atraer xente á nosa vila e dinamizala durante a campaña do Nadal. Deste xeito, o balance é moi positivo”.
O concelleiro de Comercio lembrou que “era a primeira vez que un espazo deste tipo se instalaba en Ribadeo e durante toda a campaña do Nadal. Tiña os seus riscos, pero o resultado é moi satisfactorio e anímanos a seguir organizando eventos e actividades polo ben do comercio e do sector servizos de Ribadeo, colaborando estreitamente con Acisa e atentos a novas iniciativas para que este concello sega a ser un referente en toda a comarca”.
Desde ACISA Ribadeo o seu presidente, Francisco Iriarte, sinalou que “estamos moi satisfeitos coa acollida desta actividade. Ribadeo volveu ser un referente este Nadal para o ocio infantil e xuvenil, grazas a RibaXogo. Estamos moi contentos de cómo se desenvolveu esta actividade, porque as tendas e os bares non deixaban de pedirnos cada pouco tempo mais descontos para entregarlles aos seus clientes, premiando así a fidelidade ao comercio local ribadense. RibaXogo funcionou e iso notouse. Deu gusto ver as rúas ateigadas de xente ao longo deste Nadal, ver o movemento nas tendas, nos bares, nos restaurantes… ACISA e Concello traballamos por e para Ribadeo”.
Pablo Vizoso engadiu que “fixemos tamén un importante esforzo económico no alumeado de Nadal, que se converteu nun reclamo mais en Ribadeo. O noso obxectivo é seguir mellorando ano tras ano para conseguir que cada vez veña máis xente a Ribadeo durante as festas de Nadal, pero tamén ao longo do ano”.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



