Lugo, 21 de xaneiro de 2020. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, informou este martes de que preto de 90 mozos e mozas presentaron solicitude para acceder ás 60 prazas do plan Prende! Bota Raíces no rural, que a Deputación impulsa para crear emprego xuvenil e fixar poboación.
Unha vez rematado o prazo de inscrición, a institución provincial comezou xa o proceso de revisión das solicitudes formuladas para verificar que cumpran os requisitos esixidos, logo do que unha comisión de valoraciónfará a selección dos mozos e mozas beneficiarias en dúas fases: a primeira de acordo aos datos da documentación aportada (antigüidade de inscrición no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, idade e formación); e a segunda, en base a unha entrevista persoal (actitude, idoneidade e motivación). A mediados de febreiro está previsto que a Xunta de Goberno aprobe as listaxes definitivas de persoas admitidas, excluídas e de reserva, que se publicarán no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e no taboleiro de anuncios da Deputación.
As persoas admitidas recibirán en marzo a formación en sectores estratéxicos da provincia, cun gran potencial de crecemento, como son os deenerxías renovables, xestión forestal, hostalería e turismo, e agricultura e gandería, ademais de en autoemprego. Co fin de evitar desprazamentos e gastos, as clases levaranse a cabo no lugar onde se concentre a maioría dos beneficiarios. Por cada xornada de formación de cinco horas, cada participante recibirá 13,45 euros e a Deputación entregará tamén un diploma de asistencia ao final deste período.
Pablo Rivera subliñou que “a día de hoxe hai un balance positivo pola acollida do programa Prende! Bota raíces no rural e estamos moi satisfeitos porque non nos equivocamos cando apostamos por eses sectores estratéxicos no rural e polo autoemprego”.
Por outra banda, os mozos e mozas que non resulten seleccionados disporán desde a Axencia de Colocación da Deputación dun acompañamento e seguimento especial para que teñan maior facilidadede incorporación ao mercado laboral.
Segunda fase: a experiencia laboral en empresas
Afinais de febreiro, a Deputación publicará as bases da convocatoria dirixida a empresas que desexen participar neste programa contratando aos mozos e mozas que superen o proceso formativo.
A institución provincial concederá axudas a empresas vinculadas cos anteriores sectores produtivos para que contraten durante 8 meses aos mozos e mozas que recibiron a formación, e poidan así adquirir experiencia laboral.O importe da axuda que recibirán cada firma será de 4.410€ por cada persoa contratada.Pola súa banda, os traballadores e traballadoras contratados percibirán como mínimo 900€ ao mes.
Ademais, a aqueles participantes no programa que decidan emprender, a Deputación concederalles unha axuda de 5.510€ para poñer en marcha o seu proxecto empresarial, ben como autónomos ou ben baixo algunha figura xurídica de economía social, como son as cooperativas.
O plan Prende! Bota Raíces no Rural conta cun orzamento de case 300.000 euros, achegados nun 92% pola Unión Europea. Está dirixido a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos, apuntados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e empadroados nalgún dos 58 concellos lucenses que teñan menos de 5.000 habitantes, ou entre 5.000 e 10.000 cun saldo demográfico negativo. Trátase do 82% de toda a provincia. Son os seguintes: Carballedo, Taboada, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, Chantada, Paradela, Samos, Triacastela, Bóveda, Pantón, A Pobra de Brollón, O Saviñao, Sober, Antas de Ulla, Palas de Rei, Monterroso, O Incio, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Rábade, Castro de Rei, Meira, Pol, Riotorto, Láncara, Begonte, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Xermade, Alfoz, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, Cervo, Ourol, O Vicedo, Xove, Barreiros, A Pontenova, Trabada, Abadín, Baralla, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Baleira, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín e O Courel.



















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



