Mondoñedo, 2 de xaneiro, 2020. O sábado 11 de xaneiro, coincidindo co 82 aniversario do asasinato polo franquismo dos veciños de Siervo González Rivas, Graciano Paz Amieiro e Manuel Rodríguez Núñez, o colectivo Memoria da Mariña organiza unha homenaxe a todos os demócratas asasinados na localidade polo franquismo. Segundo os promotores do acto “o obxectivo do mesmo é restaurar a memoria dun tempo histórico que sistematicamente nos foi negado, recuperar unha parte tan significativa como oculta da historia da Mariña e facer xustiza con estes veciños de Ribadeo, Viveiro e Mondoñedo inxustamente asasinados”.
O programa de actos a desenvolver o día 11 de xaneiro dará comezo ás 12:00 no parque da Travesía, detrás do cemiterio vello, onde está levantado un monólito en lembranza dos asasinados, onde tomaran a palabra, entre outros, familiares de veciños de Mondoñedo, Viveiro e Ribadeo asasinados na localidade. De seguido, ás 13:00 h, celebrarase unha mesa redonda na Casa da Xuventude sobre a represión franquista en Mondoñedo e concretamente sobre as circunstancias do asasinato nos veciños de Ribadeo e Viveiro executados en Mondoñedo en setembro e outubro de 1936.
A conferencia corre a cargo dos investigadores Miguel Freire e Xabier Buxeiro, autores de diferentes estudos sobre a represión e os represores na localidade. O primeiro ten traballado sobre a represión franquista en Ribadeo e Mondoñedo e o segundo e autor de diferentes publicación sobre os represores nesas localidades e n´A Mariña. A continuación contarse cunha actuación musical de Mero Iglesias e de diversos membros do grupo A Quenlla. A xornada rematará cun xantar de confraternidade, aberto a todos aqueles que queiran asistir, cun número de prazas limitado de 50 persoas, sendo necesario inscribirse previamente no número de telefono 63814 8757.
Os veciños de Mondoñedo homenaxeados o día 11 son pola súa orde de execución, foron Xesús Verdeal Maseda, dirixente da CNT no Barqueiro e fusilado en Ferrol o 16 de Abril de 1937, Siervo González Rivas, funcionario municipal, candidato a cortes pola Unión Socialista Galega e secretario Local da CNT, Graciano Paz Amieiro, follalateiro e dirixente da Unión Socialista Galega e Manuel Rodríguez Núñez, comerciante e militante da CNT, serán paseados na madrugada do 11 de Xaneiro de 1938 na Travesía dos Remedios.
O labrego do bairro de San Lázaro Pedro Marful Fernández, condenado a cadea perpetua, finara no seu cativerio no Campo de Concentración da Illa de San Simón o 10 de Xuño de 1941. A consecuencia da represión franquista vai perder a vida en León Xosé Otero García o 12 de Maio de 1942. Outras dúas persoas ligadas a Mondoñedo, como Luís Trigo Chao “O Gardarríos” e Xosé Porto Lestegás “O Herbellás”, rematarán sumándose á guerrilla, perdendo a vida o primeiro o 25 de Xuño de 1948 en Lourenzá e o segundo, o 2 de Outubro de 1947 nos Montes de Silán en Muras.
O mesmo sábado 11 son , tamén, homenaxeados os veciños de Ribadeo e Viveiro asasinados na localidade en setembro e outubro de 1936. O 12 de setembro de 1936 son asinados os veciños de Ribadeo Bruno Martínez “O Barquillero”, Antonio María Martínez López, Henrique Navarret e o presidente da CNT de Viveiro, André Vale “O Moreno de Cobas”.
Pola acción do grupo de paramilitares fascistas do “coche do centolo”. O 12 de setembro de 1936 son asinados os veciños de Ribadeo Bruno Martínez “O Barquillero”, Antonio María Martínez López, Henrique Navarret e o presidente da CNT de Viveiro, André Vale “O Moreno de Cobas”. O 15 de Setembro aparece no mesmo lugar o cadáver do socialista de Ribadeo Florencio Carballo e cinco días máis tarde aparecerá en Argomoso o corpo do veciño de Obe Xosé Antonio Díaz. O 7 de Outubro será asasinado nesa cidade o tamén ribadense Xesús Longarela.
Memoria da Mariña considera que hai razóns dabondo para homenaxear a estes veciños da Mariña e na súa persoa a todos aqueles que na cidade foron vítimas da represión franquista, atendendo ao noso firme convencemento de que a democracia ten unha débeda impagábel con estas persoas. Neste sentido, queremos facer un chamado ao conxunto dos colectivos sociais, veciñais e culturais de Mondoñedo e da Mariña así como a todas aquelas mulleres e homes da zona para que se sumen a este acto de homenaxe.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



