Burela, 27 de 2020. Córgomo Arte retorna de novo á Mariña na súa oitava edición, cunha mostra que leva por título “Sinapses”. O vindeiro sábado 1 de febreiro, ás 18 h., abrirá as súas portas na Casa da Cultura de Burela, e estará aberta ata o 26 de febreiro.
Córgomo Arte é un proxecto que nace da inquietude de Manuel Conde e Victorino Núñez, “Torino”, artistas valdeorreses que deciden abrir as portas da súa casa para crear un espazo aberto ó desfrute da arte.
En Córgomo Arte 8 “Sinapses” quixemos reflexionar sobre a dimensión máis social da arte e poñer a arte ó servizo do colectivo, como un medio de visibilización dunha terrible realidade do noso tempo como son o Alzheimer e outras demencias. A arte quizais poida parecer algo superfluo cando se fala de temas tan duros coma este, pero tamén constitúe unha poderosa ferramenta de comunicación que nos permite poñer o debate enriba da mesa para poñerlle voz e desestigmatizar realidades tan sensibles coma estas, nas que as redes de apoio son esenciais.
A arte como forma de expresión é unha práctica empregada satisfactoriamente en terapias con enfermos de Alzheimer, porque lles facilita canles para a comunicación onde a palabra xa non chega. Por iso, para esta edición, contamos coa participación especial dos dez usuarios e usuarias de AFAN Burela (Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias), que cos seus terapeutas e a colaboración do artista plástico Martín Lestao, regaláronnos un pedaciño da súa memoria en forma de obra de arte. Sen dúbida foron o corazón da mostra e desde a organización de Córgomo Arte quixemos que toda a ilusión que depositaron no noso proxecto viñeran para a súa “casa”.
Para amplificar a nosa voz, na Edición Mariña convidamos a máis artistas da comarca co fin de reivindicar e poñer en valor a importante labor que desenvolven asociacións como AFAN Burela no coidado dos enfermos e das súas familias, ademais de chamar a atención ás autoridades sobre a insuficiencia dos recursos dos que dispoñen e que impiden poder prestar servizo a máis usuarios.
Un total de 23 artistas participarán na edición Mariña de Córgomo Arte 8 “Sinapses”. A obra de AFAN Burela en Valdeorras estivo acompañada polas pezas de Martín Lestao, Ignacio Castro “Nachok”, Violeta Bernardo, Arturo Ceide, Crystilandia, Patricia Fernández Paz, Brais Fernández Vizcaya, Victorino Núñez, “Torino”, e Manuel Conde. Na edición Mariña debemos agradecer a colaboración de Cristina Basanta, Lucía Vila, Noé Blanco, Julián Bouza, Pedro Cabarcos, David Catá, Caxigueiro, Celso Dourado, Fátima Fernández, Juanel, Mauro Leivas, Adri Pardo, Alberto Pena e Pilar Rei.
Desde a organización, Manuel Conde e Victorino Núñez, así como Violeta Bernardo, van donar tres das pezas da mostra a AFAN Burela.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



