Barreiros, 13 de xaneiro, 2020. Por primeira vez CONAFE, a asociación que reúne a todas as granxas do territorio español, fai pública unha lista cos mellores rabaños de todo o país, e coloca no podium como terceira mellor a Mantoño Holstein de Barreiros con case 87 puntos de media, ademais coa porcentaxe de vacas Ex mais alto de toda España (32%).
Para obter esta cualificación tan alta é necesario ter en conta aspectos de manexo dos animais día a día, excelentes instalacións con gran confort e benestar animal, e por suposto unha gran xenética en todos os individuos.
En Mantoño conviven a diario vacas da mais alta xenética descendentes das mellores e máis cotizadas familias, tanto en Europa como no mundo enteiro.
Nomes como Lavender Ruby Redrose Ex96, Braedale Baler Twine Mb86, Comestar Laurie Sheik Mb88, Krull Broker Elegance Ex96… e moitas outras dabondo coñecidas para os amantes da raza e cuxas fillas, irmás ou netas que alcanzan altos prezos en moitas poxas a nivel mundial, teñen descendentes nesta granxa da Mariña, en Barreiros.
