O obxectivo da iniciativa é compartir coñecemento e inspirar o futuro da identidade culinaria do Concello
Viveiro, 19 de setembro de 2025. O Concello de Viveiro será escenario o luns 22 de setembro, no Teatro Pastor Díaz, das Xornadas Inspiracionais do ADN Gastronómico, baixo o lema «Cociñar o futuro». Trátase dun encontro dirixido a entidades, profesionais e axentes do ecosistema gastronómico e turístico da vila que servirá para compartir coñecemento, presentar resultados e inspirar o futuro da identidade culinaria de Viveiro.
As xornadas, organizadas polo Concello de Viveiro e Prato_DO, contarán coa participación de expertos e profesionais de referencia no ámbito gastronómico e cultural como Iñaki Gaztelumendi (Spain Culinary Villages), Carlos Nuevo (Cronista Oficial de Viveiro), Lucas Requejo (Prato_DO), Silvia Sánchez e Silvia Timón (ADN Sapiens), Iago Pazos (Abastos), Jorge Guitián (Colectivo Gastronómico A Mariña) ou Daniel Suárez (Asociación de Emprendimiento Rural Sostenible).
A alcaldesa Mariña Gueimunde destacou que «Viveiro ten unha identidade gastronómica que é parte esencial do noso patrimonio cultural e turístico. Con iniciativas como esta reforzamos o noso papel como referente e abrimos novas oportunidades de futuro para a economía local e o benestar da veciñanza».






















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



