Mondoñedo, a 8 de xaneiro de 2020. Mondoñedo acollerá os próximos días 24, 25 e 26 a segunda edición de NOGA, Colectivo de Narración Oral Galega, que conta cun amplo programa de actividades tanto para os profesionais como para o público en xeral.
A apertura do encontro será ás 21.00 horas do día 24 no auditorio municipal Pascual Veiga; a entrada é libre, ata completar o aforo. A gala de apertura estará conducida por Carmen Conde.
Para o sábado, 25, o programa é o seguinte: de 10.00 a 11.30, haberá un obradoiro, titulado Falamos da voz, da man de Faia Díaz, cantante e historiadora da Arte; á mesma hora desenvolverase unha charla a cargo da xornalista Eva Mejuto, sobre Conto, igualdade e diversidade. De 11.30 a 12.30 Pablo Ángel Meira Cartea, profesor de Educación Ambiental na USC, exporá a ponencia O cambio climático non existe…É un conto. Despois dun descanso de quince minutos, a actriz e doutora en Ciencias da Comunicación Comba Campoy dará unha conferencia sobre Violencia nos títeres. Por último, de 16.30 a 20.30, no Pazo de San Tomé, desenvolverase o encontro dos profesionais da narración oral. Os organizadores din que a primeira edición de NOGA, celebrada tamén en Mondoñedo, estreitou lazos e espertou o sentimento de gremio.
Para o 26, o programa recolle un roteiro para público familiar, que leva por título o de Aquí contamos. O percorrido empezará ás 11.30, no quiosco da Alameda dos Remedios, pasará pola Casa Museo de Álvaro Cunqueiro, a Fonte Vella, o barrio dos Muíños e a Ponte do Pasatempo. O percorrido acabará sobre as 13.00 horas. Os organizadores anuncian «unha mañá chea de narración para todas as idades, por lugares de conto (…)».
O Concello de Mondoñedo colabora ofrecendo aos asistentes ao encontro de narradores dúas noites de pernocta na Hospedería Santa Catalina.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



