Foz, 27 de xaneiro de 2020. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, quere denunciar “a manipulación política que está a facer o Partido Popular e o seu portavoz, Javier Castiñeira, no referente á residencia de maiores e centro de día de Foz. Como representantes políticos debemos ser serios, responsables e moi rigorosos, porque os nosos actos teñen consecuencias no benestar dos veciños”. E o rexedor municipal explica que “a compañeira Acela Verónica Peña Castiñeira renunciou á acta de concelleira o pasado mércores día 22, para evitar o deterioro da imaxe do equipo de goberno e a manipulación, que, finalmente e tristemente, fixo efectiva o Partido Popular. Esta renuncia á acta honra á nosa compañeira e bota por terra as falsas e malintencionadas acusacións que está a verter o portavoz do principal partido da oposición e deputado provincial. Ante un posible conflicto entre Concello de Foz e o centro de día Aloumiños no tocante á residencia, esta renuncia desbota calquera tipo de sospeita e dá conta da seriedade e compromiso que ten o equipo de goberno co noso pobo, especialmente no eido social”.
Cajoto engade: “como recolleu a prensa escrita o pasado sábado, día 25, o Concello e este alcalde estamos moi contentos e satisfeitos co servizo que se está a prestar na residencia e centro de día de Foz, respecto ao cal non temos queixa de ningún usuario. Ante a denuncia verbal recibida no tocante ao cumprimento dos pregos de contratación, foi remitida a información de inmediato aos servizos técnicos, que son os encargados de revisar o cumprimento dos mesmos e ser garantes de que se cubra calquera eiva administrativa”.
O alcalde de Foz tamén manifesta que “en ningún momento ningún membro do Partido Popular se puxo en contacto con este equipo de goberno para informarse ou preocuparse da situación; máis ben ao contrario: parece que a oposición traballa por agravar ou afondar calquera conflito, indo en contra dos intereses de Foz. E resúltanos completamente inverosímil a petición dun pleno extraordinario para este asunto por parte do Partido Popular, sendo como son coñecedores de que está feita a convocatoria do pleno ordinario de xaneiro para este xoves, día 30. O máis lóxico ao noso entender sería a presentación dunha moción de urxencia no pleno ordinario. Pero en caso de que o Partido Popular e o seu portavoz non rectifiquen e dado que a lexislación obriga á súa convocatoria, o próximo xoves día 30 teremos a paradoxa de poder asistir a dous plenos, un extraordinario e outro ordinario”.





















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



