Mondoñedo, 09 de xaneiro do 2020. O BNG de Mondoñedo ven de presentar unha moción no concello para instar ao equipo de goberno a que inicie os trámites para a retirada da Medalla de Ouro da cidade, concedida en 1949, a Francisco Franco Baamonde.
O voceiro nacionalista no concello, Eloi Cabanas, apunta que dez anos despois de finalizar a Guerra Civil o 30 de abril ano 1949 a corporación do concello de Mondoñedo aproba en pleno unhas bases polas se crean as Medallas de Ouro da Cidade para “premiar y reconocer servicios muy extraordinarios prestados a la patria, en general, y a Mondoñedo en particular”.
Estas bases foron aprobadas por aclamación de todos os asistentes sen disensión algunha e polas cales tamén se aproveitou para conceder a primeira Medalla de Ouro da cidade a Francisco Franco Baamonde, “en testimonio de adhesión inquebrantable y reconocimiento de los muy extraordinarios y relevantes servicios prestados a la patria”, e ao mesmo tempo tamén se lle concede o título de Concelleiro Honorífico da corporación municipal.
Segundo explica o concelleiro do BNG, nove anos despois da concesión da distinción, en Sesión Extraordinaria do 21 xaneiro do 1958, apróbase un Regulamento de Honores e Distincións onde na súa disposición transitoria son ratificados os galardóns concedidos por anteriores corporacións e entre elas a Medalla de Ouro da Cidade a “S.E. El Jefe del Estado y Caudillo de España, D. Francisco Franco Baamonde, que lleva anejo la primera presidencia de Honor de la Corporación”.
Por último en decembro do 70 apróbase un proxecto novo de regulamento especial para a concesión de Honores e Distincións que é ratificado en maio do 72 polo Ministerio da Gobernación no que non se mencionan as distinción concedidas ata esa data, pero segundo indica Eloi Cabanas, “a día de hoxe non temos constancia de que a Medalla de Ouro concedida ao ditador fora anulada”.
“Desde o BNG entendemos que por hixiene democrática e por un compromiso ético coas vítimas da brutal e cruenta represión franquista, a actual corporación no concello de Mondoñedo debe retirarlle a Medalla de Ouro da cidade ao responsable do período máis negro da nosa historia recente”.
Ademais da retirada da Medalla de Ouro, o BNG tamén pide a anulación do título de Concelleiro Honorífico da corporación municipal de Mondoñedo así como tamén a primeira presidencia de Honor da Corporación.
Tras consumarse a retirada do galardón, Eloi Cabanas pide que se comunique a decisión tomada aos seus herdeiros e a Patrimonio Nacional, por se cabe que se produza a devolución física da medalla.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



