Viveiro, 27 de xaneiro, 2020. Este pasado venres, varios membros do BNG de Viveiro estiveron ás portas da Piscina Municipal escoitando e recollendo propostas, demandas, ideas ou queixas sobre os servizos e actividades que se prestan nesta instalación deportiva, así como de calquera inquietude que as veciñas e veciños quixeron trasladarlle á concelleira Míriam Bermúdez, tal e como xa fixeron os nacionalistas polas diferentes parroquias e instalacións baixo o nome de “CÓNTALLO TI”.
“O malestar e enfado dos usuarixs desta instalación fica patente, desde a falta de mantemento das máquinas onde incluso unha delas causou recentemente un accidente, até por problemas da temperatura da auga, tanto dos vasos como das duchas”, asegurou Míriam Bermúdez, e continuou: “pero o que sen dúbida esperta un gran malestar nxs veciñxs e que a Piscina Municipal continúe pechada os domingos e festivos.”
Dende o BNG de Viveiro recolleron numerosas queixas por parte da veciñanza de Viveiro, a falta de persoal, actividades sen cupos, falta de mantemento das máquinas, baixa temperatura da auga dos vasos e duchas… até tal punto que un grupo de usuarios xa elaboraran e rexistraran no Concello ás súas queixas, e que 3 meses despois ainda non recibiron contestación por parte da alcaldesa. Parece necesario lembrar que forma parte das obrigas da alcaldía dar resposta ás demandas da veciñanza, máis aínda cando se fai a través do rexistro de entrada do Concello.
O BNG leva ao vindeiro pleno de febreiro as seguintes demandas:
-Se lle de resposta por escrito ao documento presentado pola veciñanza o pasado outubro, de forma inmediata pola vía correspondente.
-Se nos informe acerca do estado de elaboración da bolsa de traballo para contratar persoal para dar servizo á piscina e características da mesma.
-En base a qué causas, concretas e detalladas, se decidiu pechar os domingos e canto durará esta medida.









Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



