Burela, 3 de xaneiro de 2020. “O Consello de Contas de Galicia foi tallante se non se presentan as contas ou se estas son presentadas con defectos, e estes non se subsanan, o
Concello de Burela non terá acceso ás subvencións da Xunta de Galicia”, aseguran dende o PP de Burela.
“Toda esta problemática vén derivada da fantástica xestión levada a cabo polo goberno socialista de Burela nos últimos catro anos”, ironizan no PP. No ano 2018 as contas, que teñen que render tódolos concellos perante este órgano independente de carácter autonómico, foron presentadas con defectos polo “goberno” socialista que, “ata onde sabemos no PP, non foron subsanados, e no, recentemente finalizado ano 2019, directamente non foron presentadas”, expón o concelleiro popular, Manuel Rouco.
Mentre, o Sr. Llano non para de sacar peito
Os populares aseguran “estar fartos de ver como o Sr. Llano saca peito vanagloriarse do asombroso remanente de máis de 3 millóns de euros que ten o Concello en tesourería a día de hoxe”.
E, engaden que, “para todos aqueles que crean que son certas estas cifras, aclararlles que, xa no ano 2015 quedaron máis de un millón e medio de euros de remanente trala seria e responsable xestión do PP”.
Así mesmo, lembran que “no ano 2011, cando entraron a gobernar os populares despois do desastre do bipartito entre os socialistas e os nacionalistas, atopáronse cunha situación totalmente catastrófica nas arcas do concello, con máis de 1,3 millóns de euros en facturas sen pagar e tendo que facerlle fronte á débeda histórica pola segregación co veciño concello de Cervo que, por aquel entón, estaba arredor dos 400.000 euros anuais”.
“Como se pode comprobar, o Sr. Llano, cunha situación de partida infinitamente mellor, reflexado no superávit presentado polos populares no ano 2015, foi incapaz de mellorar a xestión levada a cabo polo anterior goberno popular. O Sr. Llano e o seu equipo empezan o ano tal e como o finalizaron, cunha morea de problemas e con ningunha solución á vista”, conclúen.


















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



