Ribadeo, 08 de xaneiro, 2020. O Grupo Municipal do PP de Ribadeo censura que o Goberno local continúe “restándolle e quitándolle” servizos aos cidadáns de Ribadeo. Desta volta, coa eliminación da recollida de lixo os días festivos, que planea levar a cabo. Trátase, segundo apunta a edil Elena Sierra, “dalgo inexplicable”, que resposta a “unha decisión unilateral de Fernando Suárez e que é máis criticable aínda se se ten en conta que o servizo actual deixa moito que desexar”. E é que son varias as ocasións nas que os colectores están a rebosar, acumulándose así importantes cantidades de residuos inas beirarrúas; o que provoca, primeiro, “unha imaxe deplorable da vila e, segundo, a creación dun foco de insalubridade”.
“O equipo de goberno ten unha virtude, a de demorar no tempo os problemas, actuando finalmente tarde e mal. As incidencias na recollida son continuas. Iso sabémolo e vémolo todos. E agora o asunto non só non mellora senón que empeora coa supresión da recollida os festivos”. Por este motivo, Sierra considera que a medida que prevé implantar o Concello é “unha clara irresponsabilidade dos seus dirixentes”.
Responsables políticos que non están á altura
“Se os responsables políticos non están á altura de dar solucións acordes ás situacións, é mellor que abandonen as súas responsabilidades. O que non pode ser é que o servizo xa sexa malo, por non dicir que moi malo, é agora aínda o agraven deixándonos sen recollida os festivos”. Para a popular gobernar non é eliminar prestacións, “é xestionar de forma que se poida facer máis con menos, priorizando aquilo que non prexudique á cidadanía e ao desenvolvemento do municipio”.
Tal é así que, tal medida, pon de relevo tamén que o concelleiro de Medio Ambiente “non está só sobrepasado, senón que non está lexitimado para dirixir esta área, ao crear con ela un malestar constatable na poboación”. É por isto, polo que Sierra se dirixe directamente a Fernando Suárez e lle pide que “repense a decisión”, co fin de evitar “un caos” que, lamentablemente, di, repercutiría nunha mala imaxe para o pobo e para o turismo.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



