Lugo, a 7 de xaneiro de 2020. Cando a xestión dos asuntos públicos non é suficientemente eficaz, quen paga as consecuencias é o cidadán, que ve como as institucións perden inutilmente recursos que son precisos para atender as moitas necesidades da sociedade lucense. Un destes retrasos con consecuencias económicas negativas para o interese público dáse na reforma dos pavillóns do antigo Fogar de Santa María, no que se prevé a ubicación, entre outros, do Servizo Provincial de Recadación, actualmente nun edificio da Rúa Tui, polo que a Deputación paga uns 3.200 euros ao mes. O deputado popular Javier Castiñeira critica esta situación froito da xestión dos socialistas, agora baixo a presidencia de José Tomé, na Deputación. «O Grupo Provincial do PP quere denunciar o amplísimo retraso, de máis dun ano, que acumulan as obras do antigo Fogar de Santa María, que acollerá, entre outros servizos, o de recadación. Castiñeira explica: «Era decembro de 2017 cando o agora denostado pola xefatura socialista Álvaro Santos anunciaba o inicio de obra, que debería rematar aproximadamente a finais de 2018. A obra, con respecto ao afirmado no seu día por Santos, acumula un retraso de máis dun ano e, segundo informacións xornalísticas que citaban fontes do goberno provincial, estímase que chegará aos 15 meses, de modo que rematará a finais da primavera.
Javier Castiñeira destaca: «O servizo de Recadación funciona nun local alugado na rúa Tui, polo que a Deputación paga 3.200 euros mensuais; polo tanto, se a obra remata na próxima primavera, pódese chegar aos 47.000 euros que perderá a institución provincial por ese retraso. Considera que é un gasto que non debera darse e que puidera haberse evitado mediante unha xestión dilixente por parte do goberno provincial.
O mesmo deputado popular recordou que foi o Grupo Provincial do Partido Popular o que en marzo 2017 levou ao pleno da Deputación unha iniciativa para a mellora da situación do servizo e dos propios traballadores de Recadación; pero, de momento, seguen na rúa Tui, co conseguinte gasto en aluguer; esperemos que na primavera se poida leva a cabo o esperado cambio, porque sen tempo non é».



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



