Burela, 3 de xaneiro, 2020. A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo e Armadores de Burela volven celebrar por estas datas de Nadal a súa xa clásica acción social a través da cal distribuirán esta fin de semana 600 racións de “Merluza do Pincho de Burela” entre os centros da terceira idade do norte de Lugo como regalo de Reis.
Esta acción social que a OPP Lugo e ABSA ofreceron á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia é tamén a guinda á súa campaña de promoción “Merluza de Burela no Nadal” deste ano, que consistiu en diversas accións de promoción a nivel nacional e autonómico, e que finalizará a próxima semana coa presentación do calendario 2020 “Eu Como Peixe” no que se lanzan 12 mensaxes de fomento do consumo de peixe como hábito saludable de vida, acompañadas doutras tantas imaxes das principais especies da lonxa de Burela.
A doación consiste en 600 racións de Pescada do Pincho de Burela que se repartirán na Mariña Lucense en 12 centros de maiores, entre residencias, apartamentos tutelados ou vivendas comunitarias; situadas en Burela, Cervo, Foz, Mondoñedo, Pontenova, Ribadeo, Valadouro, Viveiro e Xove.
A merluza será entregada para celebrar a comida do día de Reis tal e como demandaron desde cada un dos centros: pezas enteiras e cortadas en lomos, filetes ou rodaxas.
Sergio López, xerente da OPP Lugo: “A merluza do pincho é a principal especie comercializada na lonxa de Burela, tanto en descargas como en ventas. Desde a OPP Lugo e ABSA acordamos facer esta doción como un bonito regalo de Reis para que tódolos nosos maiores nas residencias da Mariña Lucense saboreen unha boa Merluza do Pincho”.
Esta acción englóbase dentro das accións de promoción da OPP Lugo incluídas no seu plan de produción e comercialización anual e contan coa cofinanciación da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo e Marítimo da Pesca.
