Santiago de Compostela, 6 de xaneiro de 2020. Os concellos da provincia de Lugo recibirán unha axuda total de 3 millóns de euros para mellorar e acondicionar os camiños municipais de acceso a parcelas agrarias. Será dentro do Plan Marco 2020-2021 que xestiona a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), adscrita á Consellería do Medio Rural, e que conta cun orzamento para o conxunto de Galicia de 12 millóns de euros, distribuídos nas devanditas anualidades a razón de case 6 millóns de euros cada unha.
A finalidade última deste plan é mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais da comunidade autónoma mediante o acondicionamento das principais vías de comunicación e outras infraestruturas, sobre todo daquelas que dan acceso a parcelas agrarias.
Estes camiños permiten acceder ás 30.000 entidades de poboación nas cales se asentan as vivendas da poboación rural galega e supoñen as canles de entrada e saída das producións rurais (desde o leite ata a artesanía) que precisan os negocios desta contorna. Por iso, a Xunta quere propiciar con estas actuacións unha mellor accesibilidade e vertebración do territorio, dinamizando o tecido produtivo ao contribuír á mellora da capacidade organizativa destas áreas rurais.
Así, estas axudas servirán para facilitar a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais que dean acceso a parcelas agrarias, incluíndo actuacións que supoñan tanto un incremento da largura da vía coma o reforzo do firme e terrapléns ou a limpeza das marxes. Porén, quedan excluídas as actuacións en rúas interiores, dentro dos núcleos de poboación.
Criterios de distribución
Co fin de chegar a cada un dos concellos da nosa comunidade, establecéronse unha serie de criterios de distribución das asignacións económicas que foron previamente consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Estes criterios determináronse con base en indicadores obxectivos, a partir dun importe fixo por concello, habitante e entidade de poboación, dentro duns límites de máximos e mínimos, co fin de garantir unha repartición equitativa entre a totalidade de concellos. A estas variables incorporáronse factores correctores vinculados á superficie do concello, o peso do agro no municipio e o grao de despoboamento e de envellecemento. Ademais, prevese un incremento do 50% para aqueles concellos fusionados.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



