Lugo, 10 de febreiro de 2020. O proxecto divulgativo Mar interior: un océano de oportunidades no corazón de Galicia, posto en marcha a través dunha colaboración entre a institución provincial e o Centro Oceanográfico de Vigo, arrincará o vindeiro 17 de febreiro, ás 20:00 horas, no Pazo de San Marcos coa charla A ameaza dos plásticos para o medio mariño, a cargo de Jesús Gago. Este proxecto inclúe ata o 22 de febreiro a exposición do proxecto Oceánicas, na sala de exposicións da Deputación, e diferentes obradoiros gratuítos destinados principalmente a escolares de Educación Primaria e ESO, aínda que tamén poderán asistir, a estes mesmas actividades en horario de tarde, todas as persoas interesadas.
Nos obradoiros en xornada de mañá, participarán preto de 800 alumnos e alumnas de 20 centros educativos, para os que a Deputación financia o transporte dos escolares ata o Pazo de San Marcos. Este proxecto trasladarase á Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos do 23 ao 29 de marzo.
As actividades dirixidas a escolares de ESO baixo o nome, Pescando a ciencia, incluirá tres obradoiros no que coñecerán a metodoloxía para diferenciar especies; sesións prácticas e talleres de oceanografía e lixos mariños.
Os participantes de Educación Primaria na actividade Viaxe ao Centro do Oceanográfico poderán recoller mostras de microalgas ou flores de cromatografía; aprenderán como a ciencia obtén peces sans, saudables e de maneira sostible e ademais poderán concienciarse en como o estudo e a protección dos ecosistemas profundos mellora a sostibilidade das pesquerías de alta mar.
Ao longo da semana en horario de tarde tamén haberá un taller máis, Oceanoteca, dirixido a achegar a vida mariña aos máis pequenos a través de actividades lúdicas.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



