Lugo, 8 de febreiro de 2020. A Deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este sábado nos actos do Día da Provincia de Lugo dentro do 21º Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar 2020. García Porto presentou as potencialidades enogastronómicas da provincia de Lugo resaltando que “son un piar fundamental no desenvolvemento do sector na provincia lucense, xa que temos produtos de primeira calidade que, sen dúbida, xustifican o lema…E para comer Lugo”.
Na súa intervención, García Porto fixo referencia á cantidade de produtos que teñen a distinción de Indicación Xeográfica Protexida e Denominación de Orixe, así como a marca de raza autóctona. Elementos, segundo a Deputada, que “son síntomas da gran calidade que atesouran os nosos produtos, e arredor deles organizamos numerosas citas gastronómicas que constitúen unha motivación extraordinaria para que o turista nos escolla”.
Neste sentido, a Deputación organizou en Xantar unha demostración culinaria en directo dun menú feito con produtos propios da provincia que, unha vez rematado, se degustou de forma gratuíta entre os asistentes. “Dende a Deputación somos fieis ao noso propio produto e temos un gran interese por potenciar a nosa gastronomía como motor para o desenvolvemento turístico do territorio, fomentando a profesionalización de todos os que interveñen na cadea agroalimentaria ata que o produto chega á mesa. Por iso contamos con alumnado e profesorado da Escola de Hostalería e Turismo Belarmino Fernández de Sober, un exemplo dos grandes cociñeiros e cociñeiras que formamos na provincia”, subliñou Pilar García Porto.
Ademais da degustación deste menú, no stand da provincia dúas representantes da asociación MOEXMU de Muimenta (Cospeito) cociñaron filloas ao longo da mañá e déronlle a proba a todas aquelas persoas que se interesaron coa finalidade de promocionar a XXIX Festa da Filloa, dedicada a unha das sobremesas máis típicas da cociña galega. Esta cita celébrase o 1º de maio e no ano 2008 foi declarada de Interese Turístico Galego.
Entre outros aspectos, a titular de Turismo subliñou a idea de apostar por un turismo de experiencias porque “sabemos que vir á nosa provincia se converte nunha inmersión única, permitímoslle ao viaxeiro desfrutar dende un enforque máis consciente e sostible, podendo gozar con todos os sentidos do destino Lugo provincia e dando a posibilidade de ter un contacto directo coa nosa xente, desfrutar da gastronomía e achegarse o máximo posible á nosa natureza”.
Pola súa banda, dentro da estratexia de apostar polas innovacións tecnolóxicas na promoción do territorio, “vimos de lanzar dúas aplicacións para móbiles e precisamente, unha delas, Inventrip, permítelle ao visitante trazar o seu propio itinerario de viaxe e facilítalle ao visitante coñecer os diferentes locais de hostalería e de restauración da provincia, a través dos cales pode escoller entre un gran abano de oportunidades o lugar que máis encaixe coas súas preferencias”.
Espazo propio
A Deputación de Lugo promociona a provincia de Lugo e os seus produtos gastronómicos entre os centos de persoas que participan en Xantar, pois conta cun espazo propio durante os cinco días que dura o evento. No stand da Deputación ofréceselle ao visitante degustacións de alimentos típicos lucenses, como viño da Ribeira Sacra, embutidos de Porco Celta e galletas da Veiga. Un espazo no que tamén se oferta material divulgativo con folletos promocionais dos concellos lucenses, das Denominacións de Orixe, e tamén das tres Reservas da Biosfera da provincia.
García Porto subliñou que o obxectivo é “dar a coñecer as potencialidades dos nosos 67 concellos da provincia e tamén a calidade dos nosos Consellos Reguladores de Denominación de Orixe, dos Consellos Reguladores de Agricultura Ecolóxica, das Indicacións Xeográficas Protexidas, e tamén das Asociacións de Criadores de Razas Autóctonas, ademais da Asociación Provincial de Hostalería da Provincia”.
Para a provincia de Lugo, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico “é un gran escaparate para dar a coñecer Lugo e os seus produtos e tamén para establecer contacto con diferentes empresas de restauración, produtores, entidades públicas e privadas, e público en xeral, coa finalidade de atraer ao maior número de persoas a coñecer a nosa provincia”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



