Lugo, 5 de febreiro de 2020. A Deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este mércores na inauguración do 21º Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar 2018. Trátase da feira gastronómica organizada por Expourense, que terá lugar dende hoxe e ata o vindeiro domingo na capital ourensá, para promover a calidade da gastronomía e o turismo sustentable e saudable na comunidade galega.
A Deputación de Lugo promoverá a provincia de Lugo e os seus produtos gastronómicos entre os centos de persoas que participan en Xantar, pois contará cun espazo propio durante os cinco días que dura o evento. No stand da Deputación ofreceranse degustacións de alimentos típicos lucenses, como viño da Ribeira Sacra, embutidos de Porco Celta e galletas da Veiga. Ademais, ofrecerase material divulgativo con folletos promocionais dos concellos lucenses, das Denominacións de Orixe, e tamén das tres Reservas da Biosfera da provincia.
García Porto subliñou que o obxectivo é “dar a coñecer as potencialidades dos nosos 67 concellos da provincia e tamén da calidade dos nosos Consellos Reguladores de Denominación de Orixe, dos Consellos Reguladores de Agricultura Ecolóxica, das Indicacións Xeográficas Protexidas, e tamén das Asociacións de Criadores de Razas Autóctonas, ademais da Asociación Provincial de Hostalería da Provincia”.
Para a provincia de Lugo, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico “é un gran escaparate para dar a coñecer Lugo e os seus produtos e, tamén para establecer contacto con diferentes empresas de restauración, produtores, entidades públicas e privadas, e público en xeral, coa finalidade de atraer ao maior número de persoas a coñecer a nosa provincia”.
Ademais, dentro da estratexia de apostar polas innovacións tecnolóxicas na promoción do territorio, “vimos de lanzar dúas aplicacións para móbiles e precisamente, unha delas, Inventrip, permítelle ao visitante trazar o seu propio itinerario de viaxe e facilítalle ao visitante coñecer os diferentes locais de hostalería e de restauración da provincia, a través dos cales pode escoller entre un gran abano de oportunidades o lugar que máis encaixe coas súas preferencias”.
Degustacións
Este sábado, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico dedicaralle o día á provincia de Lugo. A Deputación ofrecerá unha demostración culinaria en directo dun menú feito con produtos propios da provincia que, unha vez rematado, dará a degustar de forma gratuíta entre os asistentes á cita.
“Dende a Deputación somos fieis ao noso propio produto e temos un gran interese por potenciar a nosa gastronomía como motor para o desenvolvemento turístico dos territorios produtores, fomentando a profesionalización de todos os que interveñen na cadea agroalimentaria ata que o produto chega á mesa, por iso contaremos o sábado con alumnado e profesorado da Escola de Hostalería e Turismo Belarmino Fernández de Sober, un exemplo dos grandes cociñeiros e cociñeiras que formamos na provincia”, subliñou Pilar García Porto.
Por outro lado, o sábado tamén estarán dúas representantes da asociación MOEXMU de Muimenta (Cospeito) cociñando filloas e dándolle a proba de forma gratuíta aos asistentes coa finalidade de promocionar a XXIX Festa da Filloa, dedicada a unha das sobremesas máis típicas da cociña galega. Esta cita celébrase o 1º de maio e no ano 2008 foi declarada de Interese Turístico Galego.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



