Lugo, 18 de febreiro de 2020. A programación organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Rede Museística polo cincuenta aniversario do Museo do Mar de San Cibrao amplíase co proxecto “Amar a mar: mariñas, marosas e maruxainas”, que pretende visibilizar a memoria e a cultura mariñeira nas comarcas do interior.
Trátase dun proxecto colaborativo que toma o mar como referencia xeográfica e vivencial e no que participan o músico e escritor Xurxo Souto e o fotógrafo Ignacio Castro “Nachok”. Involucra tamén o tecido asociativo e a comunidade educativa da Mariña Lucense.
Mariñas, marosas e maruxainas: Cantos das mulleres do norte
Xurxo Souto percorrerá os concellos costeiros da comarca para pescudar na súa identidade a través das voces das mulleres que traballan ou traballaron no mar. Nos encontros con estes colectivos apelarase á memoria para recoller retrouxos e melodías que forman parte do patrimonio inmaterial da Mariña Lucense.
“Podémonos achegar á Mariña de moitas formas. Nos escollemos este camiño da visión das mulleres e do poder evocador da música. Iremos pola Mariña adiante descubrindo e aprendendo dos oficios das mulleres. Das redeiras, das percebeiras, e tamén das patroas” relatou o músico e escritor, que ten desenvolvido diferentes proxectos sobre o universo sonoro das mulleres do mar.
Derivas
Baixo este epígrafe, Ignacio Castro “Nachok”, recoñecido polos seus traballos no ámbito da fotografía artística, especialmente en proxectos editoriais, realizará obradoiros fotográficos co mar e as persoas que viven del no foco.
Exposición para o 8 de maio
O traballo desenvolvido polos dous artistas formarán parte dun exposición que incluirá pezas, documentos e materiais das coleccións do Museo do Mar de San Cibrao e que inaugurará o 8 de maio no Museo Provincial de Lugo.
“Chegados os cincuenta anos de historia propoñemos reversionar o Museo do Mar no interior do Museo de Lugo para reivindicar a identidade mariñeira da provincia e reflexar a importancia que a mar tivo como sustento e como porta cara a novos mundos”, expuxo Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial, na presentación do proxecto esta mañá nos xardíns do Pazo de San Marcos.
A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, sinalou a necesidade de afondar “no recoñecemento e na visibilización da cultura mariñeira, especialmente desde a ollada das mulleres do mar” e agradeceu “traballo realizado polo persoal da Rede Museística para desenvolver proxectos coma este que nos fan sentir orgulo do propio”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



